Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DO CEIP PIÑEIROS PINTOU UN MURAL NO EXTERIOR DO LOCAL DA ANPA AS ACEAS
ALUMNADO DO CEIP PIÑEIROS PINTOU UN MURAL NO EXTERIOR DO LOCAL DA ANPA AS ACEAS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que na iniciativa, enmarcada no programa municipal Arte na Escola, colaboraron o propio colexio, a Anpa e o artista naronés Leandro Lamas
Narón, 24 de maio de 2018. Os douscentos alumnos e alumnas do colexio de Piñeiros remataron onte pola mañá un mural no exterior do inmoble da Anpa do centro, As Aceas, –a escasos metros do centro escolar- deseñado polo artista naronés Leandro Lamas. Esta iniciativa enmárcase no programa municipal Arte na Escola, tal e como aputou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e desenvolveuse en colaboración tanto co propio centro educativo como coa Anpa, aos que a edil agradeceu a súa colaboración.
O mural ten unhas dimensións aproximadas de 3,5 metros de altura x case 3 de ancho e representa unha escola da que saen nenas e nenos con ás, voando, e libros. Leandro Lamas explicou que nos vindeiros días será el mesmo o encargado de dar o remate a este mural, pintando nomes de autoras e autores galegos. Tanto o artista naronés como a Anpa do centro valoraron esta iniciativa, que logrou implicar a todo o alumnado do colexio de Piñeiros.
Pola súa parte, a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que esta actividade tamén se enmarcou no programa conmemorativo do Día das Letras Galegas, celebrado o pasado día 17, a través da proposta municipal de Apoio educativo aos centros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal