Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A POETISA DE NARÓN ANA VARELA PRESENTARÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL O SEU LIBRO ASOMBRARIO
A POETISA DE NARÓN ANA VARELA PRESENTARÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL O SEU LIBRO ASOMBRARIO
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que o acto terá lugar o vindeiro sábado día 26 a partir das 12.00 horas
Narón, 24 de maio de 2018. A poetisa e tradutora naronesa Ana Varela estará o vindeiro sábado, día 26, na Biblioteca municipal presentando o libro Asombrario, co que acadou un premio na vixésimo primeira edición do Certame Francisco Añón de poesía. Ao acto acudirán tamén a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, o poeta Ismael Ramos e Santiago Nieto, técnico de Cultura no Concello de Ourense. As persoas que desexen acudir a esta presentación poderán facelo a partir das 12.00 horas, tal e como recordou a edil naronesa.
Asombrario impúxose na categoría de maiores de 18 anos do Certame Francisco Añón de Poesía -organizado polo Concellode Outes- celebrado o pasado ano, e ao que se presentaron 410 obras orixinais. Trala presentación oficial da publicación nesa localidade ourensá a autora decantouse pola cidade na que naceu, medrou e reside, Narón, para presentar en segundo lugar a súa obra.
Taibo convidou á veciñanza a asistir a este acto, para respaldar e coñecer este libro publicado por Ana Varela, recoñecida poetisa da que ensalzou o seu traballo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal