Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ O FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA DE SEMENTEIRA
O PAZO ACOLLERÁ O FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA DE SEMENTEIRA
A cita musical será o venres 25 de xuño a partir das 18.00 horas no Pazo da Cultura, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 24 de maio de 2018. O festival de Fin de curso da Escola de Música da Asociación Cultural Musical Sementeira–Xove Banda de Narón, celebrarase mañá venres no Pazo da Cultura. A concelleira responsable da área, María del Carmen Espada, recordou que esta cita musical comezará ás 18.00 horas e que as entradas están á venda na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros.
Os músicos participantes e o alumnado da Escola de Música de Sementeira asistirán de balde e os socios da entidade poderán recoller dúas invitacións para acudir a este evento, co que se pechará o curso 2017/2018. O alumnado continuará nas clases ata o vindeiro 1 de xuño, tal e como indicou Espada, pero con este concerto, que conta co respaldo do Padroado da Cultura e da Deputación da Coruña, amosará aos asistentes o traballo realizado nos últimos meses.
A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a acudir a este xa tradicional e concurrido concerto de Fin de curso da Escola de Música da ACM Sementeira, de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal