Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL CELEBRARASE O 17 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL CELEBRARASE O 17 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A edil de Promoción Social, Teresa Sabio, anunciou a apertura do prazo para anotarse neste evento, que se prolongará durante a mañá e boa parte da tarde
Narón, 24 de maio de 2018. A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, presentou esta mañá o programa da sétima edición do Encontro Municipal Interxeracional organizado polo Concello en colaboración co movemento asociativo de Narón. Esta mesma semana a edil naronesa reunínase no Consistorio con representantes de varias entidades de Narón para perfilar o programa de actividades, que se presentará nos vindeiros días. O Encontro Municipal Interxeracional celebrarase o vindeiro 17 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, e Sabio avanzou que as persoas que desexen acudir pódense anotar ata o vindeiro 10 de xuño.
As inscricións deben realizarse nas entidades veciñais Virxe de Fátima (Freixeiro), San Xiao, Rosa dos Ventos (Sedes), Chafarís (Alto), no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no Club de Xubilados A Solaina, na Fundación Terra de Trasancos, da cooperativa do Val, en Aspanaes, Bbtta, na ASCM Narón, en Aspanemi, na Asociación da Terceira Idade de Pedroso, en Gaikai, na Asociación de Torneiros de Madeira Virutas, no Círculo de Xadrez Narón e no Club Narón Tenis de Mesa. O prezo dos tickets do xantar é de 15 euros, para un menú a base de paella, carne asada, postre, café, auga, e viño ou refrescos, se ben a edil recordou que as persoas que o desexen poderán levar a súa propia comida e xantar tamén nas mesas que se instalarán baixo a carpa. “Por iso é moi importante que a xente se anote, aínda que non merque o ticket do catering, para saber as mesas e sillas que precisamos e tamén por se é necesario habilitar un servizo de autobús”, explicou.
A programación comezará a desenvolverse a partir das 11.30 horas, cando está prevista a chegada dos participantes a este concurrido evento municipal, que reúne cada ano por estas datas no paseo de Xuvia a centos de persoas de tódalas idades, tal e como recordou a concelleira de Promoción Social. A demostración das actividades que se levan a cabo nas diferentes entidades ao longo do ano comezará a partir das 12.00 horas, para, sobre as 13.30 horas, dar paso ás intervencións de agradecemento. Unha vez rematado os asistentes reuniranse baixo a carpa para comer e tras un pequeno descanso, ás 16.30 horas comezará unha sesión de baile.
Tamén pola tarde seguirán as demostracións de actividades, desde as 18.00 horas, e a música, a partir das 18.30, para rematar a programación prevista desde o Concello e as entidades sobre as 20.00 horas.
Sabio recordou que tanto pola mañá como pola tarde haberá no paseo de Xuvia inchables para os nenos e nenas e exposicións e demostracións en vivo de artesanía e de carácter deportivo. “Quero agradecer o traballo realizado polas dezaséis entidades que colaboran con este evento, que resulta fundamental para poder convocalo un ano máis na nosa cidade, e tamén a implicación de tódalas persoas que participan cada ano nas actividades do programa de Envellecemento Activo impulsadas desde o Concello, que rematan con esta proposta interxeracional no paseo de Xuvia”, destacou Sabio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal