Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA EN DOUS CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA EN DOUS CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN
A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida explicou que as persoas interesadas nas accións formativas de Medio Ambiente e PRL no sector naval e de Traballos en altura e verticais poderán inscribirse ata o 1 de xuño
Narón, 25 de maio de 2018. A Concellería de Formación e Mocidade amplía o prazo de inscrición en dúas accións do Programa Municipal de Formación sobre Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais no sector naval –cunha edición pendiente, ao rematar a primeira- e Traballos en altura e verticais -dúas edicións-. Estas propostas, que se desenvolverán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, diríxense a persoas desempregadas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos, e pódense formalizar as inscricións a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica ata o vindeiro 1 de xuño.
As persoas interesadas terán que cumprir unha serie de requisitos para poder realizar o curso, no caso de ser admitidos. Así o recordou a concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, ao explicar que ambos requiren a realización das accións formativas e a súa certificación e, a maiores, deberán acreditar que dispoñen da formación básica de 60 horas de Prevención de Riscos Laborais.
A edición pendiente do curso de Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais será do 5 ao 8 de xuño -16 horas en total- e diríxese a un máximo de vinte alumnos/as. O curso de Traballos en altura e verticais, terá dúas quendas, unha do 11 ao 22 de xuño e outra do 25 de xuño ao 6 de xullo -40 horas cada unha- para un total de doce persoas en cada quenda. En ambos casos o alumnado seleccionarase por orde de inscrición, según recalcou a edil naronesa.
Así mesmo, Hermida recordou que aínda quedan algunhas vacantes para o curso de soldadura TIG e MIG subvencionado cunha axuda do Fondo Social Europeo, a través do Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Esta acción formativa enmárcase no proxecto “Mocidade Narón Activa 4.0”, e diríxese a persoas desempregadas, empadroadas en Narón, e de entre 16 e 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de inscrición rematará tamén o vindeiro venres, 1 de xuño, podendo formalizarse ata esa data a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica.
O curso de Soldadura TIG e MIG consta de 684 horas, teóricas e prácticas, e poderán facelo quince persoas. Os aspirantes terán que superar os requisitos esixidos de acceso (fase eliminatoria) e unha baremación (na que se valorarán a formación, experiencia, antigüidade no desemprego….) para posteriormente acudir a unha entrevista persoalizada e superar unha proba de aptitude médica.
As persoas que desexen recibir máis información sobre estas tres accións formativas poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Proxecto-Formativo-Mocidade-Naron-Activa.pdf ou -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Medio-Ambiente-PRL-Naval-Traballos-Altura-Verticais.pdf- ou chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal