Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A DELEGACIÓN DE AGA EN FERROLTERRA CONVOCAN TRES CHARLAS INFORMATIVAS
O CONCELLO E A DELEGACIÓN DE AGA EN FERROLTERRA CONVOCAN TRES CHARLAS INFORMATIVAS
A campaña "Stop vespa velutina" chegará esta semana ás parroquias do Couto, Pedroso e O Val, donde se impartirán as charlas
Narón, 28 de maio de 2018. O Concello de Narón e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan varias charlas na zona rural con motivo da campaña de sensibilización medioambiental “Stop vespa velutina”. A primeira das sesións, tal e como explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, será esta mesma tarde, a partir das 19.00 horas, no local social do Couto. A convocatoria consistirá nunha charla-obradoiro, de aproximadamente dúas horas e media, na que se divulgan os riscos da vespa velutina, así como as iniciativas para o seu control, tal e como apuntou o edil naronés.
A segunda das charlas terá lugar o vindeiro mércores, día 30, no local da Asociación Cultural A Pombiña, en Pedroso e a terceira o xoves 31 no salón de actos da Cooperativa do Val, en ambos casos tamén a partir das 19.00 horas.
O perigo que representa esta especie invasora no equilibrio do ecosistema é un dos temas sobre os que se fará especial incidencia nestas charlas. A través delas tratarase de concienciar ás veciñas e veciños sobre os problemas que está causando na actualidade a vespa asiática, non só entre o sector apícola, senón tamén entre o forestal, o agrario e para a poboación e o medio ambiente, tal e como indicaron desde AGA.
É precisamente na primavera cando se inicia o ciclo vital desta especie de vespa, coincidindo coa saída da hibernación das raíñas. Este é o momento no que se debe traballar na acción preventiva, para evitar a proliferación de niños durante os meses de verán. O persoal de AGA apuntou que aínda que o trampeo non evita a expansión da vespa velutina, si que consegue reducir considerablemente o número de niños desta especie.
O concelleiro de Medio Ambiente convidou ás veciñas e veciños a acudir a estas charlas, “para informarse da situación actual, do problema que representa a proliferación da vespa velutina e tamén para preguntar posibles dúbidas, que lles solventará o persoal de AGA”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal