Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA COOPERATIVISMO EN MOVEMENTO TRAERÁ A NARÓN O ESPECTÁCULO "A TROPA DO DOUTOR MILAGRE"
A cita será o domingo 3 de xuño ás 19.00 horas na Praza de Galicia e con entrada de balde, tal e como apuntou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 29 de maio de 2018. A praza de Galicia acollerá o vindeiro domingo, día 3 de xuño, o espectáculo A tropa do doutor Milagre. Esta actividade enmárcase no programa Cooperativismo en movemento 2018, impulsado polo Consello Galego de Cooperativas a través da subdirección Xeral de Emprego da Xunta. A cita, de balde e dirixida ao público familiar, será a partir das 19.00 horas, tal e como avanzou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. O concello de Narón é un dos seis de Galicia aos que chegará esta actividade de Cooperativismo en movemento 2018. As veciñas e veciños que o desexen poderán desfrutar do espectáculo de A tropa do doutor Milagre, protagonizado por un médico con dotes de inventor que vive diversas aventuras nun colorido bus de venda ambulante. A música, a maxia, o baile e a comedia combinaranse neste espectáculo de rúa no que o doutor Milagre ofrecerá ao seu público diversos produtos “efectivos” contra unha serie de problemas, como a falla de apetito, a caída do pelo… buscando sempre a interacción cos asistentes. A concelleira de Cultura valorou o feito de poder desfrutar de balde o vindeiro domingo deste espectáculo en Narón e animou ás veciñas e veciños a acudir á praza de Galicia para, durante aproximadamente unha hora, poder ver unha proposta da compañía Inventi Teatro que calificou como “moi dinámica”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal