Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN XUVENIL XERACIÓN CONVOCAN VARIAS ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NAS QUE PARTICIPARÁN VOLUNTARIOS EUROPEOS
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN XUVENIL XERACIÓN CONVOCAN VARIAS ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NAS QUE PARTICIPARÁN VOLUNTARIOS EUROPEOS
A Casa da Mocidade e o Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros acollerán a programación, tal e como explicou a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida
Narón, 1 de xuño de 2018. A Concellería de Mocidade, dirixida pola edil Natalia Hermida, organiza coa Asociación Xuvenil Xeración -con sede na Casa da Mocidade- unha serie de actividades medioambientais baixo o lema: “Protexe a natureza. Protexe o teu futuro”, dirixidas á mocidade e que terán lugar o vindeiro 5 de xuño na Casa da Mocidade e no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. Hermida presentou a programación xunto con Francisco Sequeiro, presidente de Xeración, e avanzou que “esta acción de sensibilización levarase a cabo con persoal de Xeración e tamén cunha trintena de mozos e mozas voluntarios europeos e usuarios e usuarias do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros”.
No que respecta á programación a edil explicou que entre as 11.00 e as 13.45 na Casa da Mocidade as rapazas e rapaces que participan nun programa de voluntariado europeo, o intercambio xuvenil Erasmus +, realizarán un mural de temática medioambiental e con frases alusivas a esa temática, ao que os organizadores convidaron a colaborar ás persoas interesadas. “Mozas e mozos de catro países diferentes, Croacia, Grecia, Estonia e Rumanía, van a vir cinco días para reflexionar sobre un tema que nos impactou, que é a cantidade de lixo que producimos día a día”, apuntou o presidente de Xeración. Neses cinco días, avanzou, “analizaremos de donde ven ese lixo, a donde vai e qué clase de medidas podemos adoitar para reducila ou reciclar a máxima cantidade”. Tamén visitarán a exposición do Programa Educativo Hogares Verdes Ceneam “- Es + vivir mejor con menos”, sobre consumo enerxético responsable, que se instalará na Casa da Mocidade, e, a maiores, participarán nunha acción de limpeza medioambiental pola zona da Gándara, colaborando deste xeito na recollida selectiva.
Pola tarde a programación continuará no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, donde persoal de Xeración e os voluntarios europeos realizarán actividades medioambientais e interexeracionais, en colaboración cos usuarios e usuarias do citado centro. Entre as 16.00 e as 19.45 horas plantarase unha árbore na zona verde das instalacións, en colaboración coa asociación Terra Rendible, limparanse e acondicionaranse as áreas axardinadas do centro. Nesa mesma xornada realizarase un obradoiro de confección de malabares e puzles xigantes utilizando materiais de refugallo e construirase un pasteurizador solar.
“A finalidade desta proposta é concienciar á cidadanía en xeral e aos mozos e mozas en particular sobre a importancia de coidar e respectar o medio ambiente, inculcándolles a necesidade de apostar polas enerxías renovables e, ao tempo, aproveitando a presencia de voluntarias e voluntarios europeos, practicar o seu dominio da lingua inglesa nun entorno informal”, destacou a concelleira de Mocidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal