Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "PREESCOLAR NA CASA" INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES NO CONCELLO DE NARÓN
As reunións comezaron en Xuvia e desprazaranse o luns a Castro e O Val.
A Fundación Preescolar na Casa, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, iniciou onte un novo curso no Concello de Narón co programa “Preescolar na Casa - Educar en Familia”. Este programa pretende ser unha axuda para que os pais e nais sexan capaces de comprender mellor aos seus fillos e fillas, e así poidan responder axeitadamente ás súas necesidades e favorecer ó desenvolvemento pleno das súas capacidades. Asemade, posibilita o intercambio de experiencias entre as familias e a presenza dunha orientadora para dialogar, reflexionar, e analizar a vida cotiá e a influencia desta na educación dos nenos e nenas . En canto ós pequenos, permítelles coñecerse uns ós outros, participando en situacións de aprendizaxe que lles permitan adquirir coñecemento e desenrolar aptitudes. Preescolar na Casa é un programa educativo gratuíto, dirixido á formación de pais e nais de rapaces de entre 0 e 3 anos. As primeiras reunións deste curso celebraronse onte 8 de outubro no local social Altea de Xuvia ás 11.00 horas; sendo as seguintes o luns 20 de outubro ás 11.00 horas no local social de O Val, e o mesmo día ás 16.00 horas no local social de Castro. As reunións serán de periodicidade quincenal e terán unha duración de dúas horas. Todos aqueles interesados en participar nelas deberán contactar coa Fundación no teléfono 982216001, ou ben enviando un correo electrónico a: correo@preescolarnacasa.org Os responsables de “Preescolar na casa” afirman que todo o seu traballo baséase nos principios cos que comezou fai 30 anos, tales como que a cultura e o saber son bens imprescindibles, que os primeiros anos da aprendizaxe son decisivos, e que as nais/pais son insustituibles no proceso educativo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal