Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CANTAUTORA ROZALÉN PRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO O SEU ÚLTIMO DISCO, "CUANDO EL RÍO SUENA..."
A CANTAUTORA ROZALÉN PRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO O SEU ÚLTIMO DISCO,
O concerto, de aproximadamente hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, e aínda quedan algunhas entradas dispoñibles
Narón, 4 de xuño de 2018. A cantautora Rozalén estará o vindeiro sábado, día 9, no Pazo da Cultura. Chega a Narón no marco da xira internacional de promoción do seu último traballo, Cuando el río suena…, que viu a luz o pasado ano. As últimas entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O concerto comezará ás 20.00 horas e durará aproximadamente unha hora e media.
As letras de Rozalén teñen unha marcada vertente persoal, con historias emotivas e que defenden os dereitos das persoas máis desfavorecidas. Cuando el río suena… foi Disco de Ouro e estreouse no segundo posto de listas de vendas en España, encabezándoas tan só unha semana despois. Un total de once temas integran este traballo, que se dará a coñecer tanto en España como noutros países europeos e latinoamericanos.
Rozalén ten no mercado tres discos, editados nos anos 2013 –Con derecho a…- , 2015 –Quién me ha visto…- e este último, de 2017 –Cuando el río suena…-. A súa carreira musical xorde de nena e co paso dos anos foi ascendendo continuamente ata recibir numerosos recoñecementos e premios polos seus traballos. Colaborou con artistas do panorama nacional como Bebe, Luis Eduardo Aute, Miguel Bosé e outros recoñecidos profesionais da música.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal