Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN XUVENIL XERACIÓN CELEBRARON ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NA GÁNDARA
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN XUVENIL XERACIÓN CELEBRARON ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NA GÁNDARA
A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, reuniuse cos participantes neste programa, aos que agradeceu a súa participación
Narón, 5 de xuño de 2018. A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, desprazouse á Casa da Mocidade, na Gándara, para acompañar á trintena de mozas e mozos que participan no programa Erasmus + (de voluntariado europeo) e que se implican no programa de actividades medioambientais organizado polo Concello e a Asociación Xuvenil Xeración.
O mal tempo impediu pintar no exterior da Casa da Mocidade un mural relacionado coa temática medioambiental, tal e como estaba previsto, pero os rapaces e rapazas dedicaron boa parte da mañá, entre as 11.00 e as 13.45 horas, a pintar sobre telas varias mensaxes alusivas ao respecto e coidado do medio ambiente. Despois da pausa para o xantar, en caso de que non choiva, sairán a realizar unha limpeza pola zona da Gándara, ao non poder realizala durante a mañá. A partir das 19.00 horas poderase ver tamén na Casa da Mocidade a exposición “- Es +, vivir mejor con menos”, do programa educativo Hogares Verdes e relacionada co consumo responsable, que inaugurará a concelleira responsable da área e que tamén verá sobre esa hora o resultado final dos traballos realizados polo colectivo.
Hermida agradeceu a presencia en Narón dos voluntarios, procedentes de Estonia, Croacia, Rumanía e Grecia, e destacou tamén a colaboración prestada pola Asociación Xuvenil Xeración, con sede na Casa da Mocidade. A edil naronesa valorou o feito de que Xeración lidere este proxecto de Erasmus + e entregoulles aos voluntarios información turística do Concello de Narón e do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.
Esta tarde, entre as 16.00 e as 19.45 horas, a programación da iniciativa “Protexe a natureza. Protexe o teu futuro”, continuará no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. Os voluntarios europeos e persoal da asociación Xeración implicarán aos usuarios do citado centro na plantación dunha árbore nas inmediacións das instalacións, proposta que conta coa colaboración da asociación Terra Rendible. Unha nova sesión de limpeza pola zona da Gándara, un obradoiro de malabares e puzles xigantes realizados con material de refugallo e a construción dun pasteurizador solar completarán a programación desta xornada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal