Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO
O autor da publicación, Pepablo Patinho, presentará a obra na Biblioteca municipal o vindeiro 14 de xuño, tal e como anunciou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 7 de xuño de 2018. O artista Pepablo Patinho Penya presentará o vindeiro 14 de xuño na Biblioteca municipal o seu libro Lúa. O acto, que dará comezo ás 18.30 horas, convertirase en todo un espectáculo multidisciplinar dirixido ao público familiar, polo que as prazas están limitadas a 25 participantes. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición para poder asistir e recordou que os nenos e nenas deben ter cumpridos os 3 anos e posuír o carné da Rede de Bibliotecas. As prazas dispoñibles poden reservarse desde hoxe ás 16.00 horas no mostrador da Sala de Adultos da Biblioteca municipal, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das citadas instalacións.
Ao inicio do espectáculo Pepablo Patinho contaralles aos asistentes como xurdiu a idea de escribir os versos que compoñen esta obra para, a continuación, haberá música en directo. O autor buscará a implicación dos asistentes para cantar todos xuntos as cancións que se inclúen no libro. Ao final do acto terá lugar un faladoiro donde se exporán os temas do libro Lúa, entre eles as guerras, as fronteiras, as diferencias sociais…
Taibo avanzou que cada un dos menores que acudan a esta convocatoria recibirán como agasallo un libro asinado polo autor. Os menores deben acudir acompañados por unha persoa adulta que tamén terá que inscribirse, tal e como recordou a edil naronesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal