Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CAMPAÑA "RECICLA, RESPIRA E SUPÉRATE" TRAE Á CIDADE UN CONTENEDOR AMARELO XIGANTE PARA INFORMAR SOBRE A IMPORTANCIA DA RECICLAXE
O edil de Servizos, Ibán Santalla, destacou o feito de que Narón participe nesta campaña, coa que se poden acadar 2.000 euros para destinar a unha causa social
Narón, 7 de xuño de 2018. Un contenedor amarelo xigante pode verse ata finais da vindeira semana na estrada de Castela, nas inmediacións da glorieta de Freixeiro. A iniciativa forma parte da campaña Recicla, respira e supérate, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes e na que participa de xeito experimental, entre outras catorce cidades, o Concello de Narón. O edil de Servizos, Ibán Santalla, recordou que a través deste contenedor amarelo “trátase de chamar a atención da cidadanía sobre a importancia da reciclaxe e tamén se informa sobre esta campaña na que participa o Concello e coa que conxuntamente podemos gañar 2.000 euros para destinar a unha causa social se se incrementan as porcentaxes de recollida nestes contenedores”. Algunhas das accións impulsadas a través desta campaña, como a realización de graffitis inversos en espazos públicos da cidade ou a iluminación de edificios – no caso de Narón o Concello- xa se levaron a cabo o pasado mes de maio. Este mes a proposta inclúe a instalación deste contenedor e tamén o luns 25 –e o vindeiro 2 de xullo- visitarán a cidade unhas vistosas bicicletas da campaña Recicla, respira e supérate. Persoal desta iniciativa percorrerá diferentes rúas da cidade para animar á veciñanza a sumarse a este reto e conseguir o premio final, ao tempo que impulsar a reciclaxe. Finalmente, o 15 de xullo realizaranse novos graffitis inversos con mensaxes alusivas a esta iniciativa. A maiores, equipos promotores desta proposta informarán aos propietarios dos establecementos da cidade sobre a importancia da reciclaxe e repartirán pulseiras de tela e vinilos para visibilizala. Santalla solicitou a colaboración veciñal “para que entre todos e todas poidamos continuar avanzando en materia de reciclaxe de residuos, cos beneficios medioambientais que supón para o presente e o futuro, e tamén optar a un premio para destinalo a unha boa causa, neste caso, de ámbito social”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal