Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE SOLDADURA TIG E MIG
A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, recordou que este curso se enmarca no programa Mocidade Narón Activa 4.0
Narón, 8 de xuño de 2018. A Concellería de Formación e Mocidade, dirixida pola edil Natalia Hermida, ampliou o prazo de inscrición nun curso de Soldadura TIG e MIG impulsado a través do programa municipal Mocidade Narón Activa 4.0. A convocatoria diríxese a persoas desempregadas –un máximo de quince-, empadroadas no Concello e de entre 16 e 30 anos, que deben estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A edil naronesa informou de que as persoas interesadas, e que cumpran os citados requisitos, poderán anotarse entre o 11 de xuño e o 6 de xullo no Rexistro Municipal do Concello –entre as 8.30 e as 13.00- ou a través da Sede Electrónica. O proxecto está subvencionado mediante unha axuda do Fondo Social Europeo, a través do Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, destacou o feito de que “esta acción formativa é moi completa en canto aos seus contidos, e ao incluír a realización de prácticas en empresas o certo é que ofrece moitas posibilidades de cara a unha posible inserción laboral”. A edil destacou ademais o feito de que se trata dunha acción formativa “que aborda unha formación sobre a que as empresas da comarca están demandando profesionais”. As parte teórica impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e o curso terá unha duración total de 684 horas. No momento da solicitude as persoas que optan ás prazas deberán presentar un certificado de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, expedido polo Servizo Público de Emprego. Prevención de Riscos Laborais, Prevención de Riscos Laborais no sector naval, Medio Ambiente no sector naval, Formación específica en soldadura TIG e MIG, Inglés e Novas tecnoloxías forman parte, xunto con materias como a Igualdade e Habilidades para a adaptación ao posto de traballo, dos contidos teóricos do cursos, que terá a maiores 80 horas de prácticas profesionais non laborais. Aquelas persoas que desexen recibir máis información poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Proxecto-Formativo-Mocidade-Naron-Activa.pdf-. Así mesmo, poden solicitala chamando ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal