Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA ESTARÁ MAÑÁ E O MÉRCORES NA CIDADE
O vehículo localizarase mañá na zona da Solaina e o mércores xunto ao centro de saúde do Alto, tal e como apuntou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico
Narón, 11 de maio de 2018. Unha das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia estará mañá e o mércores na cidade, tal e como indicou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico. O vehículo estará mañá nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas, se ben na xornada do mércores localizarase nas proximidades do Centro de Saúde, na rúa 25 de Xullo, nese mesmo horario de tarde. Desde a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, recordaron que cada día dez unidades móbiles percorren concellos galegos para realizar estas campañas de doazón de sangue, recordando que son precisas cincocentas ao día para axudar ás persoas enfermas. O edil de Sanidade naronés fixo un chamamento a todas aquelas persoas que poidan acudir a doar sangue para que colaboren nesta campaña que mañá e o mércores chegará a Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal