Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DUN NOVO PARQUE INFANTIL NAS INMEDIACIÓNS DO TANQUE DE TORMENTAS INXERTO 2, NA GÁNDARA
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DUN NOVO PARQUE INFANTIL NAS INMEDIACIÓNS DO TANQUE DE TORMENTAS INXERTO 2, NA GÁNDARA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, indicou que a actuación se inclúe nun proxecto que contempla ademais a renovación dos equipos dos parques biosaudables da Praza da Gándara e de Piñeiros
Narón, 12 de xuño de 2018. As obras do parque infantil localizado xunto ao tanque de tormentas Río Inxerto 2, na zona da Gándara, avanzan a bo ritmo. Así o asegurou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que explicou que se está ultimando a colocación dos elementos de xogo destas novas instalacións, que suporán un investimento de algo máis de 15.000 euros, con cargo ao que se renovarán tamén os elementos de dous parques biosaudables. Os traballos, que nun prazo máximo de dous meses estarán rematados, cofináncianse con cargo ao POS+ 2017 da Deputación da Coruña, tal e como recordou o edil naronés.
O novo espazo de lecer da cidade, que constrúe a empresa Jardinería Arce, contará cunha estrutura multixogo con dúas torres e un tobogán, así como unha pasarela, todos para usuarios e usuarias de entre 2 e 6 anos; un balancín para menores desa mesma idade; e unha randeira de doble asento para nenas e nenos de ata 14 anos, explicou Santalla. O parque ten suelo de caucho e estará pechado por un valado de diversas cores.
“Hai tan só uns días comezaban tamén os traballos de ampliación da zona de xogos do Parque fluvial do Río Freixeiro, unha actuación que se complementa coa construción deste novo espazo de lecer para as nenas e nenos na zona da Gándara e que constata o compromiso deste goberno local coa ampliación dos servizos á nosa veciñanza, para que dispoñan dos mesmos preto das súas vivendas naqueles casos nos que sexa posible”, destacou Santalla.
O proxecto no que se contempla a construción deste parque inclúe ademais a renovación dos elementos dos parques biosaudables xa existentes tanto na Praza da Gándara como no parque de Piñeiros, “donde se instalarán novos equipos, neste caso para que persoas adultas poidan realizar unha serie de exercicios nas mellores condicións posibles”, asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal