Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS ASISTIRÁN AO "VII ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL"
MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS ASISTIRÁN AO
A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, recordou que a convocatoria terá lugar o 17 de xuño no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 13 de xuño de 2018. Máis de cincocentas persoas están xa anotadas para participar o vindeiro domingo, día 17, na sétima edición do Encontro Municipal Interxeracional organizado polo Concello, en colaboración cunha vintena de asociacións e outras entidades. A convocatoria dará comezo ás 11.45 horas no paseo marítimo de Xuvia, cunha presentación do evento, para continuar coa actuación da Coral municipal o programa de actos que se desenvolverán durante todo o día, ata as 20.00 horas. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, convidou ás persoas de Narón e doutros concellos a achegarse este domingo a Xuvia para poder desfrutar da programación deste evento, concebido como unha xornada de confraternidade e con propostas para persoas de tódalas idades.
A edil naronesa explicou que ás 12.00 horas comezará un desfile cos traballos realizados polo alumnado dun Curso de Confección impulsado a través do Concello; ás 12.20 haberá unha sesión de Danza oriental e a partir das 12.30 actuarán as Cantareiras do Val. Sobre as 12.40 horas continuará a música con Cancións de animación, para regresar ás 12.55 a Danza oriental. Ás 13.00 será o turno do Baile de Salón e ás 13.15 haberá tres actuacións musicais, dos gañadores da iniciativa Narón Visión, unha proposta do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros entre os seus usuarios e usuarias baseado en caracterizacións de recoñecidos cantantes.
O xantar comunitario baixo a carpa –para as persoas que se apuntaron ao cátering ou as que leven a comida das súas casas- será ás 14.00 horas. As persoas interesadas poderán adquirir os últimos tickets dispoñibles do cátering no restaurante A Trasanquesa (Sedes) ou o propio domingo en Xuvia, ata completar o aforo da carpa. Antes do xantar será o turno dos agradecementos, no que se entregará un agasallo (realizado por persoal da Asociación Nuestra Señora de Chamorro) ás entidades que colaboraron na organización do VII Encontro Municipal Interxeracional.
Sabio indicou ademais que durante a mañá, de 12.00 a 14.00 horas, as persoas que se acheguen ao paseo marítimo de Xuvia poderán ver mostras de torneado de madeira, de xogos de mesa orientais, de traballos de pintura, calceta e bolillos realizados por entidades veciñais da cidade, practicar con monitores tenis de mesa, ou participar na elaboración dun puzzle xigante, informarse sobre a lactancia materna, ou sobre o traballo da ASCM.
Haberá tamén xogos e inchables para os nenos e nenas, tanto pola mañá como pola tarde, e programáronse unha serie de roteiros de sendeirismo pola zona de Xuvia, para ver a súa riqueza natural e patrimonial, que se realizarán no caso de que se reúna un grupo mínimo de asistentes, avazou Sabio.
Na organización do evento colaboraron as asociacións de veciños Virxe de Fátima (Freixeiro), San Xiao, Rosa dos Ventos (Sedes), Chafarís (Alto), A Solaina, Virxe do Mar e Altea (Xuvia), o Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, o Club de Xubilados A Solaina, a Fundación Terra de Trasancos, da cooperativa do Val, Aspanaes, Bbtta, a ASCM Narón, Aspanemi, a Asociación da Terceira Idade de Pedroso, Gaikai, a Asociación de Torneiros de Madeira Virutas, o Círculo de Xadrez Narón, o Club Narón Tenis de Mesa, e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal