Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE A PORTA DO CONCELLO EN REPULSA DO CRIME MACHISTA DO PORRIÑO
Representantes da corporación local naronesa, traballadores do Consistorio e veciñas e veciños concentráronse para gardar un minuto de silencio e facer un minuto de ruído en sinal de condena da violencia machista
Narón, 21 de xuño de 2018. Representantes da corporación local de Narón, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á cabeza, gardaron esta mañá, ás 12.00 horas, un minuto de silencio ante a porta principal do Concello en sinal de repulsa ao crime machista do pasado luns no Porriño (Pontevedra), donde unha muller, María Magdalena Moreira Alonso foi asasinada polo seu home, Tomás Romero Iglesias, na súa vivenda familiar. Á concentración acudiron tamén varios traballadores e traballadoras do Concello, e algúns veciños e veciñas que se concentraron ás portas do Consistorio para denunciar esta lacra social. Antes de rematar a concentración silenciosa os asistentes, que portaban unha pancarta co lema: “Narón contra a violencia de xénero”, fixeron un minuto de ruido en sinal de protesta ante calquera acto de violencia, neste caso de xénero.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal