Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BANDEIRA CON MEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBQI ONDEA NO CONSISTORIO
A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, indicou que as persoas que desexen recibir material da campaña provincial "Día das Diversidades Sexuais" pode solicitala no Servizo Sociocomunitario Municipal
Narón, 26 de xuño de 2018. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou que a bandeira LGTBQI onderará toda esta semana nun mastro do Concello con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBQI, que se celebra o vindeiro 28 de xuño. A edil naronesa explicou que, en sinal de apoio ao colectivo, o Consistorio colabora coa campaña provincial “Día das diversidades sexuais”, unha iniciativa de sensibilización cidadá que, baixo o lema “Construíndo a diversidade” tratará de normalizar e dignificar á comunidade LGTBQI. A aportación municipal con esta campaña impulsada a través da Deputación da Coruña é difundir unha serie de material relativo a esta proposta, que se pode recoller no Servizo Sociocomunitario Municipal –primeiro andar do Concello- e que se repartiu por varias dependencias municipais, tal e como indicou a concelleira responsable de Igualdade. A proposta convida ademais á veciñanza a utilizar nas redes sociais o hastag: #construindodiversidade e a informarse sobre a campaña a través da páxina web: www.construindodiversidade.gal. Sabio recordou ademais que o tripartito naronés, integrado por Terra Galega, PSOE e BNG, levará ao pleno de finais de mes unha moción sobre o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, instando á Xunta e á totalidade das organizacións políticas do Parlamento galego a impulsar a Lei Galega de Identidade de Xénero e aplicar e dotar de partidas orzamentarias a Lei 2/2014 pola Igualdade de Trato e a Non Discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal