Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A AVV PIÑEIROS ORGANIZAN O VI ENCONTRO DE RONDALLAS CIDADE DE NARÓN E O XIV ENCONTRO DE BANDAS DE GAITAS MEMORIAL LOLETE
O CONCELLO E A AVV PIÑEIROS ORGANIZAN O VI ENCONTRO DE RONDALLAS CIDADE DE NARÓN E O XIV ENCONTRO DE BANDAS DE GAITAS MEMORIAL LOLETE
A concelleira de Festas, Mar Gómez, recordou que estas dúas citas desenvolveranse esta fin de semana no campo da festa de Piñeiros
Narón, 27 de xuño de 2018. A parroquia de Piñeiros acollerá o vindeiro sábado día 30, a sexta edición do Encontro de Rondallas Cidade de Narón. A cita será un ano máis no campo da festa da parroquia e dará comezo ás 18.30, tal e como anunciou a concelleira de Festas, Mar Gómez. O Concello e a AVV Piñeiros organizan esta convocatoria, recordou, na que actuarán as formacións Los nostálgicos, as rondallas Trovadores (Ares), e Lucero del Alba (Neda) e a Agrupación Artística Ferrolana Bohemios.
Na xornada do domingo, día 1 de xullo, terá lugar tamén na parroquia de Piñeiros a décimo cuarta edición do Encontro de Bandas de Gaitas “Memorial Lolete”, que dará comezo ás 11.30 horas. Neste evento actuarán as bandas Fereñas (Vilarmaior), Xunqueira de Ambía (Ourense) e Agarimo de Catabois (Ferrol). O programa dominical contará a maiores cun apartado gastronómico, coa celebración da undécima edición da Festa do Churrasco, que dará comezo ás 14.00 horas e estará amenizada polo grupo musical Maracuyá.
A concelleira de Festas convidou ás veciñas e veciños a acudir a estes eventos festivos que se sucederán esta fin de semana na cidade, concretamente na parroquia de Piñeiros, donde se organizan con éxito desde hai varios anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal