Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ UN SHOWCOOKING PARA PRESENTAR O MENÚ ÁRTABRO DO PROGRAMA 100.000 MOTIVOS DE PESO
O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, recordou que a cita será o vindeiro 4 de xullo a partir das 20.30 horas e estará aberta á participación da cidadanía en xeral
Narón, 29 de xuño de 2018. O Concello de Narón organiza para o vindeiro 4 de xullo, a través da área Promoción Económica, que preside o edil Pablo Villamar, un showcooking aberto á participación da cidadanía en xeral para dar a coñecer o Menú Ártabro, integrado no programa “100.000 Motivos de Peso”. A iniciativa está aberta ao público en xeral, que poderá coñecer as pautas máis importantes para cumprir os obxectivos da campaña a través da alimentación. O concelleiro da área, Pablo Villamar, apuntou que o evento terá lugar ás 20.30 horas no Café-Teatro do Pazo da Cultura e animou ás veciñas e veciños de Narón a asistir ao mesmo. Así, intervirán o médico de familia e promotor da iniciativa, Carlos Piñeiro, e o cociñeiro vigués Iván Méndez Álvarez, técnico superior en Hostalería e Cociña e chef de I+D+i da empresa Cabomar, industria alimentaria especialista no sector dos conxelados. “O obxectivo”, subliñou Villamar, “é que as persoas que participen poidan coñecer mellor as pautas para a elaboración de pratos encadrados na dieta atlántica e os beneficios que unha alimentación axeitada pode reportar á saúde das persoas que a seguen”. Na súa intervención, Carlos Piñeiro falará sobre o programa “100.000 Motivos de Peso”, abordando tamén os aspectos fundamentais deste proxecto en canto á alimentación. Villamar lembrou que a campaña “100.000 motivos de peso” conta coa colaboración de diferentes concellerías, entre elas a de Promoción Económica, que recentemente, en concreto o pasado martes, organizou no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, un obradoiro de preparación de “Menús Ártabros” dirixido ao sector da hostalería local e que contou coa participación dunha vintena de profesionais que traballan en diferentes establecementos do concello naronés. A colaboración do sector hostaleiro da cidade está prevista para que poidan ofrecer nas cartas dos seus establecementos algúns destes Menús Ártabros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal