Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHAS VISTOSAS BICICLETAS DA CAMPAÑA "RECICLA, RESPIRA E SUPÉRATE" PERCORRERÁN AS RÚAS DA CIDADE
UNHAS VISTOSAS BICICLETAS DA CAMPAÑA
As bicicletas estarán na localidade o 4 de xullo, para informar á veciñanza sobre esta campaña, coa que se tratan de incrementar as porcentaxes de residuos depositados nos contenedores amarelos, tal e como explicou o edil de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 3 de xullo de 2018. A campaña Recicla, respira e supérate continúa avanzando na cidade. A Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes impulsan esta iniciativa que na xornada de mañá contempla a visita á cidade de persoal da campaña cunhas vistosas bicicletas amarelas que percorrerán as rúas da zona urbana. Estas mesmas bicicletas xa estiveron en Narón hai uns días –o pasado 25 de xuño- informando á veciñanza sobre esta iniciativa medioambiental e animándoa a participar na mesma. O punto de partida das bicicletas será ás 16.00 horas xunto ao Concello de Narón. O obxectivo a acadar é incrementar as porcentaxes de residuos reciclados nos contenedores amarelos (latas, bricks e envases de plástico).
Narón participa xunto con outros catorce municipios galegos neste reto, iniciado o pasado mes de xuño e que rematará este mes. A través do mesmo, o concello que logre incrementar nun 10% con respecto aos mesmos meses do ano pasado a cantidade depositada nos contenedores amarelos gañará 2.000 euros para dedicar a unha causa social. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que no caso de Narón o premio destinaríase ao Centro de Recursos Solidarios, polo que animou á veciñanza a colaborar nesta campaña, que está a piques de rematar.
A maiores, equipos promotores desta campaña informarán aos propietarios dos establecementos da cidade sobre a importancia da reciclaxe e repartirán pulseiras de tela e vinilos para visibilizala. O vindeiro día 16 volverán a debuxarse en espazos públicos da cidade os graffitis inversos desta campaña, tal e como recordou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla.
O edil naronés pediu a colaboración da veciñanza para, “entre todas e todos poder gañar ese premio que destinaremos a unha causa solidaria e, a maiores, contribuír ao coidado do medio ambiente, fomentando uns hábitos a manter no tempo, non só con motivo das campañas puntuais que se convocan desde as diferentes administracións, pero colaborando con cada unha delas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal