Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAFÉ TEATRO ACOLLERÁ UN ACTO PARA PRESENTAR O PROGRAMA 100.000 MOTIVOS DE PESO E FACER UN SHOWCOOKING SOBRE MENÚ ÁRTABRO
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, o médico Carlos Piñeiro e o técnico Superior en Hostalería e Cociña Iván Méndez participarán na convocatoria, aberta á cidadanía y que tendrá lugar el 4 de julio
Narón, 3 de xullo de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, participarán mañá 4 de xullo xunto co médico Carlos Piñeiro e o cociñeiro vigués Iván Méndez no acto de presentación do programa “100.000 Motivos de Peso” e nun showcooking posterior no Café Teatro do Pazo da Cultura. Esta convocatoria, que dará comezo ás 20.30 horas, está aberta á participación da cidadanía en xeral, que poderá coñecer ademais as vantaxes do Menú Ártabro, integrado nesta iniciativa, e tamén aprender a cociñar determinados pratos desta dieta da man de profesionais. O acto comezará cunha intervención da alcaldesa, na que exporá as principais liñas de actuación e retos do programa “100.000 Motivos de Peso”, así como o papel que xoga a administración local nesta iniciativa, promovida a través do Servizo Galego de Saúde. Finalizada a intervención de Ferreiro será o turno de Piñeiro, que falará aos asistentes sobre os obxectivos do programa a nivel sanitario, así como do seguemento do mesmo e da implicación social. A terceira das intervencións correrá a cargo do edil Pablo Villamar, que centrará a súa intervención no apartado gastronómico e na implicación do Club Narón Gastronómico e do sector hostaleiro da cidade. Finalmente, o técnico superior en Hostalería e Cociña e chef de I+D+i da empresa Cabomar, industria alimentaria especialista no sector dos conxelados Iván Méndez será o encargado do showcooking que pechará a convocatoria coa pertinente degustación. A semana pasada organizouse un obradoiro de preparación de Menús Ártabros dirixido ao sector hostaleiro local, no que participaron unha vintena representantes do mesmo. Desde o Concello de Narón convidouse ás entidades do municipio a acudir a este evento e anímase á cidadanía en xeral a asistir para coñecer o traballo que se está realizando e os proxectos de futuro deste programa, que xa colleitou un premio europeo –Premio Europeo da Obesidade 2018 á Mellor Programa de Participación Pública- e que espertou o interese doutros países como Alemaña ou Francia, entre outros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal