Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ORGANIZAN UN PROGRAMA PARA LEVAR O CINE ÁS PARROQUIAS DA ZONA RURAL
O PADROADO DA CULTURA E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ORGANIZAN UN PROGRAMA PARA LEVAR O CINE ÁS PARROQUIAS DA ZONA RURAL
A programación prevista desenvolverase entre os días 5 e 26 de xullo nas parroquias do Val, San Xiao, San Mateo e Pedroso
Narón, 4 de xullo de 2018. O Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña organizan o programa Cine de verán, que contempla un total de catro proxeccións na zona rural da cidade. A programación comezará a desenvolverse mañá no Centro Cívico Social do Val, donde a partir das 21.30 horas se poderá ver a película A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol. Trátase dun filme dirixido por Alex Colls e que protagoniza Mumu, unha vaca que descubre un rebaño de ovellas pastando nun parque cando está xogando cun grupo de amigos, ao que chama a atención a cor branca das ovellas e que persigue un soño: ser unha estrela.
A segunda das propostas será Pérez, o ratiño dos teus soños, que se poderá ver o vindeiro 12 de xullo no Centro Cívico Social de San Xiao. Neste caso a película, que se proxectará tamén a partir das 21.30 horas, é unha coprodución galega de animación protagonizada neste caso por Lucía e a súa familia, que axudarán ao ratonciño Pérez a botar abaixo os plans de dous malvados ratos que queren roubar os dentes a todos os nenos do mundo para despois convertelos en perlas e facerse ricos.
O Centro Cívico Social de San Mateo acollerá o vindeiro 19 de xullo a terceira das propostas: El Desconocido, a partir das 21.30 horas. Luis Tosar, Javier Gutiérrez e Elvira Minguez forman parte do reparto deste filme, dirixido por Dani de la Torre e rodado na Coruña. Carlos, un director dunha sucursal de banca recibe unha ameaza de morte, por parte dunha vítima das súas estafas, tras deixar aos seus fillos no colexio. Cunha duración aproximada de 90 minutos, a maior parte da trama transcorre no interior dun vehículo, sucedéndose as emocións que farán estar ao espectador nunha alerta continua para ver o desenlace desta película.
A última das propostas será Los pitufos 3, la aldea escondida, que se poderá ver o 26 de xullo a partir das 21.30 nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso. Neste filme, dirixido por Kelly Asbury e cun reparto do que forman parte entre outros Arieal Winter e Julia Roberts, os pitufos vivirán unha serie de aventuras polo Bosque Encantado, donde explorarán unha zona prohibida na que non faltarán os perigos.
Desde o Padroado da Cultura de Narón destacaron a importancia da colaboración entre administracións no eido cultural, nesta ocasión, para poder programar este tipo de programacións na zona rural. Nesta liña trabállase tamén desde o Padroado noutras áreas culturais, a través das Escolas Culturais Municipais, e outros programas e eventos impulsados a través do citado organismo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal