Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA NA "XX FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO"
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA NA
A concelleira de Festas, Feiras e Mercados, Mar Gómez, especificou que a convocatoria se dirixe a comerciantes e vendedores ambulantes e que se prohíbe a venda de pementos
Narón, 4 de xullo de 2018. As persoas interesadas en instalar postos de venda o día 15 de xullo con motivo da “XX Festa Gastronómica do Pemento do Couto” deben cubrir unha instancia dispoñible no Rexistro do Concello. A edil de Festas e Mercados, Mar Gómez, recordou que poderán estar abertos entre as 10.00 e as 18.00 horas, e incidiu en que é preciso cumprir unha serie de requisitos para poder instalalos.
Os responsables dos postos deben ser maiores de idade, comerciantes ou vendedores ambulantes e poderán anotarse de balde, se ben queda totalmente prohibida a venda de calquera clase de pementos. Para formalizar os trámites solicitarase a tarxeta de vendedor ambulante e, no caso de non dispoñer da mesma, haberá que entregar unha fotocopia do DNI ou pasaporte; outra do carné de manipulador de alimentos actualizado e unha declaración xurada de que os produtos proveñen de colleita propia. Todos estes documentos deberán adxuntarse no momento de entregar a instancia oficial do Concello no Rexistro municipal, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 horas.
A edil naronesa animou aos comerciantes e vendedores ambulantes a acudir a esta cita que, recordou, “ano tras ano reúne a centos de persoas na parroquia do Couto”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal