Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA PROPÓN VARIAS ACTIVIDADES CULTURAIS NA ZONA URBANA E RURAL ESTA FIN DE SEMANA
O PADROADO DA CULTURA PROPÓN VARIAS ACTIVIDADES CULTURAIS NA ZONA URBANA E RURAL ESTA FIN DE SEMANA
Os concertos de Susana Seivane e Radio Cos en San Xiao, espectáculos de circo en Xuvia, teatro en Pedroso e música no Alto centran as propostas dos días 7 e 8 de xullo na localidade
Narón, 8 de xullo de 2018. A programación deseñada polo Padroado da Cultura de Narón para esta fin de semana inclúe unha gran variedade de propostas dirixidas a todo tipo de públicos. Nenos e nenas e tamén os adultos poderán desfrutar das actividades que se sucederán entre mañá e o domingo na zona urbana e rural do municipio, todas elas de balde e enmarcadas na programación estival do Padroado.
As propostas desta fin de semana comezarán mañá ás 12.00 horas no paseo marítimo de Xuvia, donde a compañía Pistacatro protagonizará novos espectáculos circenses, que darán continuidade aos realizados o pasado domingo na Gándara, que obtiveron moi boa acollida entre a cidadanía. Nesta ocasión Ekilibuá e Contiguo son os títulos destas propostas. No primeiro dos casos os protagonistas combinarán o apartado teatral coa acrobacia, os equilibrios, a manipulación de obxectos… mentres que no segundo combinaranse a linguaxe espacial e a corporal, con técnicas de corda lisa e roda que se misturan con disciplinas como a acrobacia ou a danza.
Na tarde noite de mañá tamén se sucederán as actividades na zona da pista polideportiva de San Xiao. A partir das 18.00 horas comezará unha sesión de xogos tradicionais dirixidos tamén a todos os públicos e a partir das 20.00 haberá unha churrascada-sardiñada popular organizada pola AVV Ceibe San Xiao. Esta entidade veciñal organiza xunto co Padroado da Cultura tanto a sesión de xogos tradicionais como os concertos que protagonizarán a partir das 22.00 horas a gaiteira galega Susana Seivane, que interpretará temas do seu último disco, FA, adicado aos seus dous fillos, Fiz e Antón, e tamén doutros álbumes anteriores desta recoñecida artista, e a banda musical Radio Cos, da que forman parte tres músicos galegos e que conta cunha importante traxectoria dentro e fóra do país.
Así mesmo, tamén mañá haberá unha actividade cultural en Pedroso, na que colabora o Concello. No local da Sociedade Cultural A Pombiña representarase a obra Reinserción, escrita e dirixida por Bety Couce e cun elenco formado polos integrantes do Grupo de Teatro da Pombiña. Nesta obra represéntase a historia dunha muller que adicou toda a súa vida a coidar da súa familia e que aos 60 anos decide incorporarse ao mundo laboral. A posta en escena será a partir das 21.00 horas.
Por último, o domingo día 8 terá lugar a segunda das sesións do programa municipal Verde que te quero verde, nesta ocasión no parque da Rúa 25 de Xullo. Será a partir das 12.30 horas e actuarán Golfiños e Fetén Fetén. A primeira das propostas correrá a cargo de Eli, Josiño e Diego, integrantes de Golfiños. Todos eles interpretarán temas do seu primeiro disco. No caso do espectáculo de Fetén Fetén, protagonizado por Jorge Arribas e Diego Galaz, o público poderá escoitar diferentes estilos musicais de España pero tamén doutros países como Portugal, Xapón ou Arxentina, entre outros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal