Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA CONVOCA UNHA NOVA PROXECCIÓN DE CINE NA PARROQUIA DE SAN XIAO
Pérez, o ratiño dos teus soños é o filme que se poderá ver hoxe, a partir das 22.15 horas en San Xiao
Narón, 12 de xullo de 2018. O Centro Cívico Social de San Xiao acollerá esta noite, a partir das 22.15 horas, unha nova sesión do ciclo de cine organizado polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Deputación da Coruña. Pérez, o ratiño dos teus soños é o filme que se poderá ver hoxe, unha coproducción galega na que o público poderá desfrutar das aventuras do ratiño Pérez, por veces un pouco complicadas. As sesións, dirixidas ao público familiar, son de balde, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. Este programa continuará, indicou, –no mesmo horario, a partir das 22.15- nas xornadas do 19 e o 26 deste mes, cando se poderán ver as películas El Desconocido (no Centro Cívico Social de San Mateo) e Os Pitufos (na Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso), respectivamente. Este ciclo de cine, enmarcado na programación de Feliz Narón Verán 2018 incluíu unha proxección máis, a da película A tropa de Trapo, que se puido ver o pasado día 5 de xullo na parroquia do Val.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal