Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA DOCENA DE ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA CIDADE PARTICIPAN NA "SEMANA DO MARISCO" ORGANIZADA POLO CONCELLO
UNHA DOCENA DE ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA CIDADE PARTICIPAN NA
O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e o patrón maior da Confraría de Barallobre, Carlos Rey, presentaron a iniciativa, que se desenvolverá do 19 ao 29 de xullo
Narón, 17 de xullo de 2018. O Concello de Narón organiza a través do Club Narón Gastronómico, e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Barallobre, a Semana do Marisco. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e o patrón maior da citada confraría, Carlos Rey, presentaron este mediodía o evento, que comezará este xoves día 19 e se desenvolverá ata o 29 de xullo. Villamar agradeceu a colaboración dos doce establecementos que participarán na primeira edición da Semana do Marisco e tamén a implicación da Confraría de Barallobre.
“Nesta ocasión apostamos por promocionar produtos que son menos coñecidos da nosa ría”, asegurou Pablo Villamar, que avanzou que nos establecementos participantes se ofrecerán tapas, racións, ou se incluirán nos pratos do menú variedades como a ostra salvaxe, a mincha, a zamburiña, a ameixa rubia e o carneiro. Os establecementos participantes serán: A Bruxiña do Norte, Anacos, A Trasanquesa, El Colonial 1920, Gastrobar Piñeiros, Marcial, A Grella dos Avós, A Roldana, Casa Sindo, El Refugio, Mamá Flora e O Pío.
“Esta actividade vai na liña de potenciar a hostalería local e tamén os produtos da ría seguindo unha explotación razoable, en colaboración coa Confraría de Barallobre, creando unhas sinerxias que cremos que son moi favorables para ambos sectores”, destacou Villamar.
Pola súa parte, Carlos Rey valorou a calidade dos produtos da ría e animou á veciñanza da comarca a coñecelos e consumilos a través desta iniciativa, asegurando que “a xente que os proba está sempre moi contenta co resultado”.
O edil naronés recordou que o vindeiro 22 de xullo se celebrará a segunda edición da Alteada en Xuvia, co mesmo espíritu de promocionar e potenciar os produtos da ría de Xuvia, nese caso da ameixa rubia. Así mesmo, Villamar aludiu tamén ao obradoiro previo á Semana do Marisco, impartido este mesmo mes e dirixido ao sector hostaleiro, no que participaron unha vintena de persoas. O cociñeiro do restaurante A Gabeira, Miguel Campo, formou aos asistentes en técnicas de conservación e preparación de diversos pratos e creacións gastronómicas a base de marisco.
“Trátase de produtos que non son tan coñecidos como outros pero de moi boa calidade”, subliñou Villamar, que animou á cidadanía a acudir aos establecementos participantes para poder degustar estas variedades de marisco, moi apreciado tamén fóra de Galicia e de España e cunha importante demanda.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal