Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A AXENCIA DE LECTURA E A AULA DE INFORMÁTICA DA CASA DA MOCIDADE PERMANECERÁN PECHADAS EN AGOSTO
A AXENCIA DE LECTURA E A AULA DE INFORMÁTICA DA CASA DA  MOCIDADE PERMANECERÁN PECHADAS EN AGOSTO
O Concello acometerá obras de mellora nos locais que ocupan ambos servizos, tal e como se explicou desde o goberno local
Narón, 18 de xullo de 2018. A Axencia de Lectura e a Aula de informática da Casa da Mocidade, na Gándara, permanecerán pechadas durante todo o mes de agosto, no que se realizarán unha serie de obras de acondicionamento e mellora dos citados espazos.
No caso da Axencia de Lectura, atópase inmersa nun proceso de actualización e renovación dos seus fondos, estando xa operativos os traballos de expurgo dos fondos máis antigos e/ou menos demandados. No que respecta ao fondo expurgado da sección de adultos, a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que permanecerá exposto a partir do vindeiro luns, día 23, e ata o martes 30 de xullo para que todas as persoas que o consideren poidan retirar o material que lles resulte de interese. Poderase acudir no horario habitual de apertura deste servizo, que no verán é os luns de 10.30 a 13.30 e os martes e os xoves de 18.00 a 21.00.
As persoas que teñan que facer devolución dalgún tipo de material da Axencia de Lectura poden facelo na biblioteca central, no horario de apertura (mañás de martes a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns e venres de 18:00 a 21:00) ou no buzón de devolucións que se atopa na entrada (dispoñible cando a biblioteca está pechada).
A edil de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que durante o vindeiro mes procederase a pintar os espazos que ocupan a Axencia de Lectura e a Aula de informática, polo que se solicita aos usuarios que desculpen as posibles molestias que lles poida ocasionar o peche, preciso para executar estas tarefas de mellora das instalacións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal