Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O CRIME MACHISTA DO PASADO MÉRCORES NA CORUÑA
Representantes da corporación local, persoal do Concello e algunhas veciñas e vecinos da cidade gardaron un minuto de silencio e fixeron outro de ruído en sinal de repulsa á violencia de xénero
Narón, 20 de xullo de 2018. Representantes da corporación local de Narón, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, persoal funcionario e laboral e algunhas veciñas e veciños da cidade participaron este mediodía, ás 12.00 horas, nunha concentración convocada polo goberno local para condenar o crime machista que tivo lugar o pasado mércores na Coruña. A muller, María Judite M.A., de 57 anos foi asasinada polo seu home, Ramón S.G., de 54, no seu domicilio familiar da rúa Estrela, no centro da Coruña. A Delegación do Goberno para Violencia de Xénero confirmou que se trata dun novo crime machista, e xa o propio mércores se procedeu á detención do asasino. Desde o Concello de Narón gardouse un minuto de silencio e a continuación fíxose un de ruído en sinal de repulsa á violencia machista. O persoal do goberno local portaba unha pancarta co lema “Narón contra a violencia de xénero”, incidindo na necesidade de erradicar esta lacra social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal