Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O RESTAURANTE PEPIÑO, DE OURENSE, ACOLLEU UN SHOWCOOKING CON ELABORACIÓNS DE PEMENTO DO COUTO
O RESTAURANTE PEPIÑO, DE OURENSE, ACOLLEU UN SHOWCOOKING CON ELABORACIÓNS DE PEMENTO DO COUTO
A actividade impúlsase desde o Concello de Narón a través do Club Narón Gastronómico co obxectivo de dar a coñecer o pemento do Couto fóra do municipio
Narón, 20 de xullo de 2018. Co fin de achegar aos profesionais da gastronomía e ao público en xeral as cualidades excepcionais do Pemento do Couto, hortaliza cultivada no concello de Narón e recoñecida coa Indicación Xeográfica Protexida, o Concello de Narón organizou, a través do Club Narón Gastronómico, un showcooking no restaurante Pepiño, de Ourense, no que se presentaron varias elaboracións a base desta hortaliza. O acto contou coa presenza de Pablo Villamar, concelleiro de Promoción Económica de Narón, Xosé Manuel Leira, presidente do Consello Regulador da I.X.P. Pemento do Couto, integrantes da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e representantes dos produtores que cultivan esta hortaliza. O chef amosou o uso do Pemento do Couto na cociña de vangarda, cunha demostración culinaria en vivo no citado establecemento hostaleiro.
As creacións presentadas foron Chips de Pemento do Couto, Chips de Tomate Negro de Santiago, Tosta de xamón de boi con escuma de Tomate Negro, Tosta de pan de Cea con xamón de cañiza e escuma de Pemento do Couto, Sopa fría de Tomate Negro con area de Pemento do Couto, e Tetilla de Arzúa ao forno con marmelada de Pemento do Couto e Tomate Negro de Santiago.
A Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, cuxo obxectivo é promocionar e difundir a calidade do Pemento do Couto, tamén estivo presente hoxe no restaurante Pepiño de Ourense para degustar un menú exclusivo preparado polo chef.
As presentacións culinarias con Pemento do Couto fóra do territorio son unha das actividades enmarcadas no Programa Narón Gastronómico, que organiza desde hai máis de 5 anos o Concello de Narón para poñer en valor a hostalería local e promocionar e difundir a súa gastronomía.
Ata agora desenvolvéronse showcookings en Casa Marcelo (Santiago de Compostela), Eirado da Leña (Pontevedra), Paprica (Lugo), Maruja Limón (Vigo) e Bido Restaurante (A Coruña), todos eles establecementos de cociñeiros de recoñecido prestixio como o celebrado en Pepiño de Ourense, coa pretensión nesta ocasión de dar a coñecer no mercado ourensán o uso do Pemento do Couto.
Recoñecido coa Indicación Xeográfica Protexida, o Pemento do Couto é un produto local de gran calidade e froito dunha aposta pola recuperación e posta en valor das variedades autóctonas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal