Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE MOCIDADE E NOVAS TECNOLOXÍAS DESTACOU O ÉXITO DA PRIMEIRA EDICIÓN DO CAMPAMENTO NARÓN MOCIDADE ACTIVA
A edil Natalia Hermida visítou á vintena de rapazas e rapaces que participaron este ano na convocatoria
Narón, 22 de xullo de 2018. A concelleira de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, visitou no mediodía de onte á vintena de rapazas e rapaces que participaron este ano na primeira edición do campamento Narón Mocidade Activa organizado polo Concello. Desde o pasado 16 de xullo e ata a xornada de onte os mozos e mozas –de entre 13 e 16 anos- participaron nunha gran variedade de actividades que se desenvolveron nas instalacións da Casa da Mocidade (A Gándara), no Parque Temático Aldea Nova (Sedes) e na praia de Esmelle (Ferrol). A edil naronesa destacou o éxito desta iniciativa programada desde o goberno local e asegurou que “nesta primeira convocatoria cumprimos todas as expectativas e obxectivos cos que partiu este programa, polo que estamos moi satisfeitos do resultado, tamén moi valorado polos destinatarios deste campamento, como así nolo fixeron saber”. Durante os últimos seis días, as mozas e mozos que participaron no campamento Narón Mocidade Activa tiveron a oportunidade de realizar obradoiros de cultura urbana (grafitte), de muralismo, de igualdade e corresponsabilidade, de cociña, xogos e actividades deportivas como skatepark ou surf, entre outras propostas. Finalmente a convocatoria pechou cunha xornada de convivencia, con pernocta incluída, nas instalacións de Aldea Nova, en Sedes, trala que os participantes se despediron desta edición do programa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal