Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E HOSTALEIROS DA GÁNDARA ORGANIZAN A CUARTA EDICIÓN DE ODEÓN BULEVAR FESTIVAL
O CONCELLO E HOSTALEIROS DA GÁNDARA ORGANIZAN A CUARTA EDICIÓN DE ODEÓN BULEVAR FESTIVAL
A cita, con propostas para o público infantil e adulto, desenvolverase os días 1 e 2 de agosto na avenida Cataluña, na Gándara
Narón, 23 de xullo de 2018. O Concello de Narón e doce establecementos de hostalería da zona da Gándara –avenida Cataluña- organizan a cuarta edición do Odeón Bulevar Festival, que terá lugar por primeiro ano en dúas xornadas, os días 1 e 2 de agosto na citada ubicación. A concelleira de Festas, Mar Gómez, e o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, presentaron esta mañá o evento acompañados por dous representantes do sector hostaleiro da zona, Francisco Paz e Diego Abad, que agradeceron a colaboración prestada desde a administración local.
O mércores día 1 celebrarase Rockin´Odeón a partir das 21.00 horas, coa actuación dos grupos Five Strings Band, cuxos integrantes son da zona de Ferrolterra e que presentará o seu novo disco Everlasting Love na cidade; Vandallica, de Vigo, con tributos de Metallica e Debosses, neste caso un tributo a Bruce Springsteen. Tamén na primeira xornada de Odeón Bulevar Festival, e como novidade, tal e como avanzou a concelleira de Festas, celebrarase unha gran festa infantil na zona da rúa Cataluña, a partir das 17.00 horas, con atraccións para as nenas e nenos, música e unha gran festa da escuma.
Na xornada do xoves, día 2 de agosto, será o Odeón Bulevar Festival, cun repaso pola música da década dos 80 a cargo de míticos grupos como La Guardia e Los Limones e no que tamén actuarán Nuevo Plan e Malditos Pendejos, a partir das 21.30 horas.
Os organizadores do evento destacaron o feito de que todos os concertos e actividades son de balde e subliñaron a importancia que ten a organización de eventos deste tipo para revitalizar o sector hostaleiro da cidade. Sobre esta última cuestión pronunciouse tamén o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, que destacou o traballo que realizan os empresarios de hostalería da cidade e valorou o feito de que nesta ocasión unha parte dos que contan con establecementos na zona da Gándara constituísen oficialmente a Asociación Bulevar Odeón, a través da que impulsarán eventos como o programado a principios de agosto.
Así mesmo, Gómez e Villamar agradeceron a colaboración prestada desde o Centro Comercial Odeón, que un ano máis porá a disposición do evento o estacionamento soterrado das citadas instalacións.
Os edís naroneses convidaron á cidadanía a acudir a este festival “que por primeiro ano será dous días e conta cunha programación pensada para os nenos e nenas que se compaxinará coas actuacións de varios grupos, pensadas para diferentes tipos de público”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal