Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA DA VIXÉSIMA EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO COMEZA ESTA NOITE NA PARROQUIA DE SEDES
O PROGRAMA DA VIXÉSIMA EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO COMEZA ESTA NOITE NA PARROQUIA DE SEDES
O programa desta celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, inclúe varias actividades musicais, teatrais e obradoiros, entre outras propostas dirixidas ao público familiar e infantil durante os días 27, 28 e 29 de xullo
Narón, 27 de xullo de 2018. O Oenach Atlántico comezará a celebrarse esta noite na campa de Sedes. O tradicional acendido do lume, ás 22.15 horas, marcará o inicio oficial desta festa de recreación da cultura celto-galaica, organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, da citada parroquia naronesa. Esta celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, alcanza este ano a súa vixésima edición, cunha variada programación dirixida ao público familiar e infantil, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada.
A programación desta noite inclúe ademais o espectáculo da compañía Pablo Méndez, a partir das 22.30; o concerto de Dubidá Trío ás 23.00 e o do gaiteiro Cristian Silva, a partir das 00.00 horas.
Na xornada de mañá e do domingo a programación desenvolverase en horario de mañá e tarde, entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, cun espazo de xogos, obradoiros de arqueoloxía experimental, música e teatro. O sábado sucederanse pola mañá os espectáculos de animación musical co Cuarteto Rinchón, con Raquel Queizas, animación teatral con Pablo Méndez e ás 13.30 será o concerto de Lenda Ártabra. Pola tarde continuarán os xogos e obradoiros e, a maiores, actuarán de novo o Cuarteto Rinchón e a compañía Pablo Méndez e tamén terá lugar, ás 17.00 horas, un concerto infantil a cargo de María Fumaça. Será tamén mañá cando se celebre un concurso no que se premiará á parella ou grupo (dun máximo de dez persoas) que acoda ao evento caracterizado de época, con vestimentas propias da época celto galaica. As persoas que desexen participar poderán anotarse na propia campa do Trece, nun espazo que se habilitará para tal fin, e o fallo deste concurso darase a coñecer tralo concerto de María Fumaça. Os gañadores poderán degustar un menú a base de produtos de porco celta na zona gastronómica do Oenach Atlántico, o sábado pola noite ou o domingo ao mediodía. A concelleira de Cultura explicou que esta é unha das novidades desta edición, e animou á veciñanza e visitantes a acudir ao Oenach caracterizados de época, “optando así a gañar un premio e tamén colaborando na ambientación desta festa tradicional, coa que poñemos en valor a nosa cultura e o traballo dos nosos ancestros”. Pola noite o Grupo de Teatro Comunitario de Sedes representará, a partir das 22.30 horas na Noite no Castro, a obra Dolmen, nas inmediacións do Castro de Eiravedra.
O domingo pola mañá haberá unha recreación teatral na campa, a partir das 11.00 horas, e tamén continuarán os xogos. Desde as 11.30 haberá obradoiros de arqueoloxía experimental e actuarán o Cuarteto Rinchón e Tanxarina, para a partir das 13.00 horas, comezar unha sesión de teatro comunitario na campa. Pola tarde reabrirá o espazo de xogos de 16.00 a 19.00 e continuarán os obradoiros, a animación musical co Cuarteto Rinchón, as actuacións infantís do grupo Tanxarina e finalmente pechará o programa o grupo Mayalde, que actuará a partir das 19.00 horas.
As persoas que o desexen poden consultar a programación e os horarios a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Oenach-Atlantico-programa.pdf.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal