Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
O vehículo localizarase o día 4 de agosto na parroquia de Sedes e no barrio de Xuvia, tal e como apuntou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico
Narón, 27 de xullo de 2018. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, anunciou que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará a vindeira semana unha das súas unidades móbiles ao municipio, concretamente o vindeiro día 4 de agosto. O vehículo estará en horario de mañá en Sedes e tamén en Xuvia, ata donde se poderán achegar todas as persoas que desexen participar nesta campaña.
O vehículo permanecerá estacionado entre as 10.00 e as 12.00 horas fronte ao local da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos (Sedes), se ben entre as 12.30 e as 15.00 localizarase xunto ao antigo Concello de Xuvia. Desde ADOS recordouse que para poder doar sangue é preciso almorzar e esperar dúas horas despois de xantar, levar a tarxeta de doador, DNI ou documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.
Así mesmo, o persoal de ADOS recorda que cada día se precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue nos hospitais galegos para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e tres transplantes de órganos e tecidos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal