Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA E PRESENTACIÓN DE SUXESTIÓNS ÁS DISPOSICIÓNS XURÍDICAS INCLUÍDAS NO PLAN NORMATIVO DESTE ANO
As persoas interesadas poderán presentar as consideracións que estimen oportunas ata o 2 de outubro no Rexistro do Concello, tal e como indicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 23 de agosto de 2018. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou a publicación no Boletín Oficial da Provincia do pasado 21 de agosto, da apertura do prazo para presentar reclamacións ou suxestións ás cinco disposicións xurídicas incluídas no plan normativo para o presente exercicio de 2018, así como ao Regulamento de Protocolo e distincións honoríficas do Consistorio. As devanditas normas foron tramitadas a través da plataforma virtual Narón Participa e xa expostas en dúas ocasións a información e consulta públicas. O pasado 26 de xullo o Pleno municipal de Narón aprobou inicialmente estes textos normativos incluídos no Plan Normativo de 2018. Ademais do Regulamento de Protocolo citado, as persoas interesadas poderán realizar ata o vindeiro 2 de outubro as consideracións que estimen oportunas –presentándolas no propio Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica- sobre os regulamentos da Biblioteca e da Ludoteca municipais; e sobre as ordenanzas de Montes e espazos forestais; da Tenencia, defensa e protección dos animais de compañía e potencialmente perigosos; e da Regulación da publicidade no termo municipal. O texto íntegro das normas sometidas actualmente a exposición pública pode consultarse, tal e como apuntou a edil naronesa, a través do seguinte enlace: https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/articulo/plan-normativo-municipal-2018. Unha vez transcorrido o prazo de trinta días hábiles, que remata o vindeiro 2 de outubro, a corporación local resolverá as reclamacións ou suxerencias presentadas. No caso de que non se presenten nese período consideraranse aprobadas definitivamente estas disposicións xurídicas. Nun proceso pioneiro na comarca, e entre os meses de maio e xuño deste ano as disposicións incluídas no plan superaron as fases de recollida de propostas, consulta previa e audiencia e información públicas, encarando agora os seus últimos trámites, previos á súa aprobación definitiva. García animou á veciñanza a participar neste procedemento “para deseñar, entre todas e todos, unhas ordenanzas nas que se atendan, no caso de ser posible, as suxestións que as persoas a título particular ou as asociacións plantexen nos prazos habilitados”. A concelleira de Acción Social destacou o traballo realizado no Concello de Narón en materia de Participación Cidadá en xeral e, en particular, os avances no Plan Normativo Municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal