Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN OITO CURSOS DO PROGRAMA CEMIT E UN TALLER XUVENIL DO AMTEGA QUE SE IMPARTIRÁN EN XUVIA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN OITO CURSOS DO PROGRAMA CEMIT E UN TALLER XUVENIL DO AMTEGA QUE SE IMPARTIRÁN EN XUVIA
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que con cargo a financiación íntegramente municipal se destinan neste último cuadrimestre do ano uns 7.000 euros ao Programa Municipal de Formación en Novas Tecnoloxías
Narón, 27 de agosto de 2018. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición en oito cursos a través da plataforma Cemit. En total ofértanse sesións de Busca de emprego en internet; Internet e correo electrónico; Tratamento de textos; Follas de cálculo; Bases de datos; Presentacións gráficas; Iniciación á contabilidade e facturación e Presentacións dixitais eficaces. Hermida recordou que poderán asistir un máximo de doce persoas por curso.
O curso de Busca de emprego en internet (48 horas) impartirase do 17 de setembro ao 2 de outubro; o de Internet e correo electrónico (30 horas) será do 3 ao 15 de outubro; o de Tratamento de textos (50 horas) do 16 de outubro ao 2 de novembro: o de Follas de cálculo (50 horas) do 5 ao 21 de novembro; o de Bases de datos (40 horas) do 22 de novembro ao 7 de decembro, e o de Presentacións gráficas (30 horas) do 10 ao 19 de decembro. Os citados cursos desenvolveranse en horario de mañá, entre as 9.30 e as 13.30, se ben pola tarde, de 16.00 a 20.00 serán os de Iniciación á contabilidade e facturación (200 horas) do 17 de setembro ao 28 de novembro, e Presentacións dixitais eficaces (48 horas), do 29 de novembro ao 17 de decembro. “No último cuadrimestre do ano ofertaremos case cincocentas horas de formación na Aula Cemit, cun custe que ronda os 7.000 euros a través do Programa municipal de Formación en Novas Tecnoloxías, financiado integramente polo Concello e que contempla unha previsión de 2.100 horas ao ano”, recalcou Hermida.
As persoas que desexen anotarse deberán darse de alta na web Cemit para, a continuación, acceder á url do centro Cemit Narón -https://cemit.xunta.gal/es/centro/48-, donde poderán ver tódalas actividades que se desenvolverán no centro localizado en Xuvia e reservar praza. Así mesmo, Hermida recordou que a partir do vindeiro luns, 3 de setembro, reabrirase a Aula Cemit de Xuvia –de 11.30 a 13.30 horas- co que tamén se poderá solicitar nas instalacións axuda para realizar os trámites oportunos para solicitar os citados cursos.
A través deste mesmo sistema, apuntou a edil de Novas Tecnoloxías, poderase solicitar a participación no taller xuvenil Crea o teu personaxe de videoxogo ou película, impulsado a través da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) na Aula Cemit de Xuvia. A convocatoria, que se dirixe a rapazas e rapaces de 14 a 18 anos, terá lugar o vindeiro 14 de setembro en horario de tarde, de 15.00 a 21.00 e a participación está limitada a un máximo de quince persoas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal