Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
DESPEDIDA INSTITUCIONAL NO CONCELLO A MENORES SAHARAUIS E DE CHERNÓBIL QUE PASARON O VERÁN CON FAMILIAS DE ACOLLIDA DA CIDADE
DESPEDIDA INSTITUCIONAL NO CONCELLO A MENORES SAHARAUIS E DE CHERNÓBIL QUE PASARON O VERÁN CON FAMILIAS DE ACOLLIDA DA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e representantes da corporación local despediron aos seis nenos e nenas saharauis e tres de Chernóbil -dos cinco que viñeron- que pasaron o verán en Narón
Narón, 29 de agosto de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá no Concello o acto de despedida aos menores que, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf, en Arxelia, e de Chernóbil, pasaron o verán con familias de acollida da cidade. Ao acto acudiron tamén os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; BNG, Teresa Sabio e EU, André Abeledo, se ben se desculpou a ausencia da portavoz do PSOE e edil de Acción Social, Catalina García, que por motivos familiares non puido estar presente.
Representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e das familias de acollida acudiron á convocatoria, na que os menores informaron aos representantes do goberno local da súa estadía na cidade, que rematará para uns o día 8 e para outros o 11 de setembro. O mesmo fixeron as tres rapazas procedentes de Chernóbil que, a través da ONG Ledicia Cativa chegaron o pasado mes de xuño á cidade e que marcharán mañá de regreso ás súas casas. Seis nenas e nenos saharauis (dos sete que estiveron en Narón) e tres nenas de Chernóbil (viñeron seis e catro estiveron con familias de Narón e dúas de Ferrol) asistiron á convocatoria, que rematou cun ágape no Concello.
Desde Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Ledicia Cativa agradeceron o respaldo do Concello de Narón aos programas que permiten traer aos menores durante o verán á cidade, aportando 7.000 e 2.500 euros respectivamente a través de convenios anuais para colaborar coas citadas entidades. A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o labor das mesmas e tamén a colaboración prestada polas familias que fan posible que estes menores estean na cidade durante unhas semanas. Así mesmo, ao igual que o resto de integrantes da corporación local, amosou a súa satisfacción polo feito de que, tal e como manifestaron, os nenos e nenas desfrutasen da súa estadía na cidade e coñeceran tamén outras localidades da comarca e de Galicia.
No transcurso do acto recordouse que no caso do programa “Vacaciones en Paz”, da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, permanece aberto o prazo para que as familias se inscriban de cara á súa participación o vindeiro ano.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal