Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AXENCIA DE LECTURA E A AULA DE INFORMÁTICA DA CASA DA MOCIDADE E A LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA REABRIRÁN AS SÚAS PORTAS O 3 DE SETEMBRO
As instalación funcionarán uns días co horario de verán para, a partir da segunda semana de setembro adaptarse ao fixado para o curso escolar, tal e como apuntou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 1 de setembro de 2018. A Axencia da Lectura e a Aula de informática da Casa da Mocidade, na Gándara, reabrirán de novo as súas portas o vindeiro luns, 3 de setembro. Ambos servizos permaneceron pechados ao público durante o mes de agosto debido a que o Concello realizou obras de acondicionamento nestes espazos. O horario de apertura destas instalacións será, tal e como apuntou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, os luns de 10.30 a 13.30 e os martes e xoves de 18.00 a 21.00. A partir do día 10 de setembro tanto a Axencia de Lectura como a Aula de informática voltarán a estar operativas no horario de apertura habitual durante o curso escolar, de luns a venres entre as 17.00 e as 19.00 horas. No que respecta á Axencia de Lectura a edil naronesa explicou que os usuarios e usuarias poderán atopar moitas novidades no fondo bibliográfico, maioritariamente na sección xuvenil, reforzada debido á ubicación deste servizo municipal na Casa da Mocidade. Entre as novas propostas, avanzou Taibo, haberá exemplares de cómics manga, dispoñibles grazas á colaboración da asociación naronesa Gaikai, coa súa sede tamén na Casa da Mocidade. Así mesmo, a edil indicou que de cara aos últimos meses do ano xa están pechadas unha serie de actividades dirixidas ao público infantil e xuvenil que se irán desenvolvendo nas vindeiras semanas. A Ludoteca municipal da Solaina reabrirá tamén as súas portas a partir do vindeiro luns en horario de 10.00 a 13.00 (de luns a venres), ata o inicio do curso escolar. Desde o día 12 de setembro estas instalacións abrirán entre as 16.00 e as 19.00 para realizar actividades no centro e de 19.00 a 20.00 funcionará o servizo de información e o de préstamo de libros, se ben tamén se realizará traballo interno, tal e como apuntou Taibo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal