Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINA 433.000 EUROS Á AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NAS PARROQUIAS DO VAL E CASTRO E Á REPOSICIÓN DE SERVIZOS NUN VIAL DO ALTO
O CONCELLO DESTINA 433.000 EUROS Á AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NAS PARROQUIAS DO VAL E CASTRO E Á REPOSICIÓN DE SERVIZOS NUN VIAL DO ALTO
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, avanzou que o gobernó local ten proxectados investimentos nos vindeiros meses por un importe de 1,4 millóns de euros procedentes das arcas locais para ampliar a rede de saneamento e abastecemento
Narón, 31 de agosto de 2018. O goberno local de Narón continúa avanzando na implantación da rede de saneamento nas parroquias do termo municipal. Así o destacou a alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciando o próximo inicio dos traballos que permitirán ampliar a rede deste servizo e a dotación do de auga potable no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val, e no de Borreiros, na de Castro, así como renovar os servizos de auga e alcantarillado na rúa Chantado, no Alto do Castiñeiro. “Trátase de tres actuacións moi necesarias, ao igual que as que acometeremos nos vindeiros meses con cargo ao orzamento municipal, e que nestes tres casos concretos do Val, Castro e o Alto suporán un investimento ás arcas locais de algo máis de 433.000 euros”, explicou Ferreiro.
A ampliación da rede de saneamento en Vilacornelle adxudicouse por un importe de 188.550 euros. Os traballos, que darán comezo nun prazo aproximado de dez días, tal e como apuntou a rexedora local, permitirán dotar do servizo a un total de vinte e dúas vivendas. No mesmo período está previsto o inicio das obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento en Borreiros, para dezasete vivendas e cuxos traballos se adxudicaron en 97.249 euros.
En canto á reposición de servizos de auga e alcantarillado na rúa Chantado, na zona do Alto do Castiñeiro (concretamente entre a rúa 25 de Xullo e a avenida Souto Vizoso), a actuación contratada polo Concello supón un investimento de 148.000 euros.
“A maiores destas intervencións, e froito da xestión realizada polo equipo de goberno de Narón, que o pasado mes de xullo aprobou no pleno un modificado de crédito que reserva 3,6 para realizar importantes investimentos na nosa cidade, atópanse entre as prioritarias aquelas que nos permitirán ampliar a rede de saneamento e abastecemento na zona rural, que suporán un desembolso de 1,4 millóns de euros”, subliñou Ferreiro.
Nos vindeiros meses levaranse a cabo novas obras para dotar do servizo de auga e alcantarillado a outras vivendas localizadas en lugares do Val, Pedroso ou San Mateo, entre outras. “Están en proceso de licitación varias actuacións nestas parroquias, co fin de adxudicalas á maior brevidade posible e de continuar avanzando na implantación destes servizos ata completar o cen por cento do rural naronés, que é o noso obxectivo máis inmediato nesta área”, asegurou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal