Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES
O Concello mantén aberto o período para solicitar estas axudas para o curso 2018-2019 entre os días 7 e 27 de setembro, ambos incluídos, tal e como informou a concelleira de Acción Social, Catalina García
Narón, 6 de setembro de 2018. O Concello de Narón abrirá o día 7 de setembro o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e escolar do alumnado matriculado en centros públicos e concertados da cidade para o curso 2018-2019 e tamén as correspondentes ao servizo de comedor escolar para alumnado de centros concertados de Narón para o vindeiro curso. Así o anunciou a concelleira de Acción Social, Catalina García, que recordou que o prazo se manterá aberto, en ambos casos, ata o vindeiro 27 de setembro.
As axudas correspondentes ao material didáctico e escolar, apuntou, poden solicitalas aquelas familias empadroadas en Narón e con fillos escolarizados en educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de Ciclos Medios, Educación Secundaria de Adultos e centros de Educación Especial. As persoas que precisen recibir máis información poden facelo a través do Servizo Sociocomunitario do Concello –primeiro andar- e as instancias poden presentarse a través do Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- ou da Sede Electrónica, donde estarán a disposición da veciñanza.
Así mesmo, as axudas municipais de comedor escolar diríxense a familias do alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria para o curso 2018-2019 con dificultades económicas e de conciliación da vida familiar e laboral. Poden solicitalas as familias empadroadas en Narón con fillos/as matriculados en centros concertados dos citados niveis docentes, e cunha capacidade económica que non supere os umbrais establecidos na convocatoria, así como cumprir os restantes requisitos da mesma. Poderán tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello ou de calquera medio previsto no artículo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das AAPP. Aquelas persoas que precisen máis información poden solicitala no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario.
Para obter máis información ou a instancia das axudas para material didáctico e escolar pódese acceder ao enlace da Sede Electrónica: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=1&idProc=71&idnct=552&x=+4wbUHg6OoK1o+5x2+CZiw e para as mesmas opcións no caso dos comedores escolares está a documentación no enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=3&idProc=87&idnct=564&x=9PsX0GY+XanZRVpL+E7FPg.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal