Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO RETOMA AS XUNTANZAS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS NAS ZONAS URBANA E RURAL
O CONCELLO RETOMA AS XUNTANZAS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS NAS ZONAS URBANA E RURAL
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou á veciñanza a presentar, a través dos seus representantes nos Consellos, as súas inquedanzas sobre as parroquias para poder analizalas nas reunións
Narón, 7 de setembro de 2017. O Concello retomou esta semana a celebración dos Consellos Territoriais tanto nas parroquias do rural como na zona urbana. “Unha vez rematado o verán estanse celebrando novamente estas xuntanzas co fin de analizar cos representantes veciñais de cada zona a situación das súas parroquias e tamén ver posibles demandas que puideran xurdir en determinadas zonas”, explicou Catalina García, concelleira de Participación Cidadá. O pasado mércores celebrouse o programado na parroquia do Val e onte o da Gándara, estando previsto para hoxe ás 20.15 o de San Mateo, que se desenvolverá no local social. No calendario desta semana, tal e como recordou a edil naronesa, está tamén previsto o Consello Territorial do Alto, mañá sábado no local social a partir das 11.30.
No transcurso destas reunións edís da corporación local e os integrantes dos Consellos nas parroquias abordan diferentes temáticas. No caso do Val, informouse aos asistentes do inminente inicio das obras de ampliación da rede de saneamento en Vilacornelle e Cima da Vila e tamén do comezo do proceso de contratación das previstas en Cornide e A Pedreira. Así mesmo, recordouse que están en execución e en fase de contratación varias obras de mellora de viais na parroquia e, fóra da orde do día, analizouse o tema da senda peonil e ciclista que a Xunta proxectou na parroquia. Sobre esta última cuestión os alí presentes amosaron a importancia de acometer proxectos que permitan continuar avanzando e mellorando a calidade de vida e reclamaron diálogo coa Xunta para tratar de achegar posturas sobre o proxecto. A este respecto, os representantes do goberno local recordáronlles que a alcaldesa, Marián Ferreiro, xa tiña solicitada unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para tratar de evitar que se anule este investimento, duns 800.000 euros, intención que xa fixo pública a administración autonómica. Así mesmo, os concelleiros do equipo de goberno recordaron que con cargo a esa obra estaba proxectada unha importante actuación en materia de saneamento que, coincidindo no tempo, abarataba considerablemente os traballos e permitía ao Concello acometer un tramo máis amplo, beneficiando así a un maior número de vivendas da zona.
Na xuntanza mantida onte na parroquia da Gándara os representantes veciñais nos Consellos recibiron información sobre as tarefas que se están realizando en canto a colocación de bancos e mesas en espazos verdes da cidade, e outras intervencións en beirarrúas en materia de accesibilidade, así como sobre a Sede Electrónica e o programa 100.000 Motivos de Peso, temas estes últimos sobre os que se informa en tódalas sesións.
A vindeira semana retomaranse as reunións dos Consellos Territoriais, convocándose o luns día 10 no local social da AVV de Castro; o día 11 no local social do Couto; o 12 no de San Xiao e o 13 no da Solaina, en todos os casos a partir das 19.30, e o sábado 15 no local social de Sedes ás 11.30 horas.
No calendario de xuntanzas están programados para o luns 17 de setembro o previsto no local social de Piñeiros, o día 18 no da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, Pedroso, e o 19 no local da AVV de Freixeiro, a partir das 19.30 nos tres casos; o xoves 20 no local social de Doso, con comezo ás 20.30 e, por último, no local da AVV de Xuvia o venres 21 de setembro ás 19.30.
García animou á veciñanza a que traslade aos seus respectivos representantes nos Consellos Territoriais as súas inquedanzas, para así poder analizalas, ou mesmo comunicalas no Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal