Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OBRA CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OBRA CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA
O Padroado da Cultura retoma o vindeiro 15 de setembro a programación do último cuadrimestre do ano, con espectáculos para todos os públicos
Narón, 10 de setembro de 2018. O Padroado da Cultura de Narón retomará a súa programación o vindeiro sábado, día 15. O espectáculo teatral, Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira marcará o inicio das múltiples e variadas propostas teatrais, musicais e de danza que, para todo tipo de público, se sucederán no Pazo durante o último cuadrimestre deste ano. A compañía Produccións Teatrais Excéntricas será a encargada de representar esta obra –a partir das 20.00 horas- cun prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira é o novo espectáculo do dúo cómico integrado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, Mofa e Befa. Baixo a dirección de Natasha Lelenco, e con Josito Porto e Víctor Mosqueira como actores, abordarán sobre o escenario a filosofía do perralleirismo. O mundo das apariencias e o da verdade centran a temática desta obra, na que os actores tratarán de conmover ao público sen perder de vistas as emocións. Trátase de dos cránios privilexiados na procura dunha serie de respostas reais ás preguntas do día a día.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal