Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE ENSINO ABRE O DÍA 17 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR
A CONCELLERÍA DE ENSINO ABRE O DÍA 17 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR
A edil responsable da área, Mercedes Taibo, recordou que son actividades dirixidas ao alumnado de centros públicos e ás familias e destacou a incorporación este ano dun Obradoiro de coro infantil
Narón, 12 de setembro de 2018. A Concellería de Ensino impulsa un ano máis o Programa Municipal de Educación Extraescolar Promedex 2018-2019. Coincidindo co inicio do curso escolar, a edil responsable da área, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha proposta de reforzo educativo na que se abordan diferentes áreas e que se dirixe tanto ao alumnado dos centros de ensino públicos como ás súas familias. “Desde o Concello de Narón animamos aos destinatarios desta iniciativa a que participen na mesma, xa que se desenvolve fóra do horario escolar pero nos propios centros de ensino e abarca áreas de especial interese para o colectivo ao que se dirixe”, asegurou Taibo. O prazo de matrícula neste programa abrirase, indicou, o vindeiro luns, día 17, e deben formalizarse, ata esgotar prazas, no Rexistro municipal ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón.
Unha das novidades deste ano é, tal e como destacou, o Obradoiro de coro Infantil, para educación Primaria. “Trátase dunha proposta na que o profesorado iniciará aos asistentes na técnica vocal e de comprensión e interpretación da música, seguindo unhas liñas adaptadas á súa idade e para inicialos nesta materia”, explicou. As clases serán os sábados e ofrécense dous horarios, ambos matinais.
A maiores, continuarán as propostas do pasado ano. Entre elas figura o Obradoiro de iniciación á lingua inglesa (para Infantil e Primaria), con sesións os luns e mércores e os martes e xoves polas tardes. Os asistentes adquirirán unha serie de conceptos en relación coa gramática, o vocabulario e a comprensión lectora, nesas dúas clases á semana dunha hora cada unha delas. Tamén para educación Primaria son as clases de Reforzatic, un obradoiro centrado no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación e cuxo alumnado proporán os departamentos de orientación de cada centro. Nesta última proposta hai dispoñibles cinco horarios, todos eles con dúas sesións á semana dunha hora de duración cada unha.
O programa Promedex ofrece de novo este curso os Obradoiros de Programación e Robótica educativa para nenas e nenos de 8 a 10 anos e de 11 a 14. En ambos casos impartiranse materias relacionadas coa linguaxe da programación e o deseño de interfaces dun xeito lúdico, durante unha hora e media á semana, os luns ou martes, en función da idade do alumnado.
Por último, tamén continuarán as Escolas de familia, centradas na disciplina positiva e no coaching familiar. Nestas sesións, de dúas horas á semana nun mesmo día, expóñense problemáticas e dificultades relacionadas coa área educativa e co día a día das familias, para tratar de buscar solucións ás mesmas.
O custe das actividades é de 8,15 euros ao mes agás para a de Reforzatic, que é de balde, e as Escolas de familia, nas que pagará a taxa un único membro da familia. As persoas que desexen recibir máis información poden solicitala a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1103 e 1111) ou do correo electrónico omix@naron.es. Tamén se pode consultar a información e obter a instancia de solicitude na Sede Electrónica do Concello, a través do enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=1&idProc=60&idnct=335&x=nqM9JFbWEyHw0WKoRCXMTg.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal