Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DO VAL ACOLLERÁ O ESPECTÁCULO O SOUTO DOS PRODIXIOS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición e recordou que hai un total de 35 prazas
Narón, 14 de setembro de 2018. O Concello de Narón programa, a través do Servizo de Normalización Lingüística, no que se enmarca o proxecto Apego, un espectáculo infantil para o vindeiro venres, día 21. O souto dos prodixios, da compañía Producións Dispersas, é unha proposta que combina teatro e música, enmarcado nun mundo máxico e que terá lugar no Centro Cívico Social do Val, a partir das 18.30 horas, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil naronesa informou da apertura, hoxe, do prazo de inscrición nesta actividade, que é de balde e conta cun total de 35 prazas. As persoas interesadas poden anotarse a través do correo electrónico: a.pita@naron.es. O souto dos prodixios diríxese a nenas e nenos a partir de 3 anos e as súas familias. Os menores deben ir acompañados por unha persoa adulta para poder asistir a este espectáculo, dunha duración de case unha hora. Ourizos que falan en varios idiomas, raposos que cantan, coellos que bailan muiñeiras, sapos compositores de poemas… protagonizan esta divertida proposta escrita, interpretada e dirixida por Diego Freire. Á hora de inscribirse na actividade é preciso indicar o nome da mesma, o do neno ou nena e a súa idade, o nome do pai, nai ou persoa que o acompañe, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas concederanse por estrita orde de inscrición. As persoas que desexen recibir máis información ao respecto poden consultar a web: www.apego.gal. A responsable da área de Ensino animou á veciñanza de Narón a anotarse nesta proposta “na que desfrutarán os nenos e nenas pero tamén os maiores”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal