Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que se impartirán cursos de Fontanería Básica, Auxiliar de Cociña e de servizos en hostalería e Cultivos baixo abrigo e manexo de productos fitosanitarios
Narón, 14 de setembro de 2018. O Concello convoca tres novas accións formativas dirixidas nesta ocasión a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e desempregadas. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, avanzou que o 17 de setembro se abrirá o prazo de inscrición nestes cursos, sobre: Fontanería Básica, Auxiliar de cociña e de servizos en hostalería e de Cultivos baixo abrigo e manexo de produtos fitosanitarios, con quince prazas en cada un deles. “O Concello programa ao longo do ano unha ampla e variada oferta formativa dirixida a diferentes colectivos e, na actualidade, estamos xa traballando nos cursos que se celebrarán ao longo do vindeiro 2019”, indicou Hermida. O curso de Fontanería básica impartirase entre o 25 de setembro e o 14 de decembro e o de Auxiliar de cociña e de servizos de hostalería do 27 de setembro ao 15 de decembro. En ambos casos trátase de accións formativas, tal e como apuntou Hermida, que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e con 240 horas teóricas e 100 en empresas cada un deles. O curso de Cultivos baixo abrigo e manexo de produtos fitosanitarios desenvolverase do 8 de outubro ao 4 de decembro nunhas instalacións da zona rural da parroquia do Val e consta, indicou a edil, dun total de 150 horas. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 21 de setembro e o lugar de presentación das mesmas é no Rexistro Xeral do Concello –en horario de 8.30 a 13.00-, donde se pode obter, ademais de a través de na Sede Electrónica, o formulario de solicitude. Tamén se poden presentar as instancias nos rexistros especificados na Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 377 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 e 1107). A información sobre o procedemento pode tamén consultarse na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/novasAccionsFormativas.pdf.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal