Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O "II ENCONTRO INTERNACIONAL DE COROS" CELEBRARASE ESTE SÁBADO NO AUDITORIO MUNICIPAL
O
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, recordou que a entrada a este evento, no que participarán tres formacións, é de balde
Narón, 26 de setembro de 2018. O Auditorio municipal acollerá o vindeiro sábado, día 29, a segunda edición do Encontro Internacional de Coros organizado pola Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, en colaboración co Padroado da Cultura de Narón. A cita, con entrada de balde, dará comezo ás 18.00 horas, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada.
A formación encargada de abrir este festival será a Coral de Areosa, que dará paso á actuación do Orfeão de Ovar, unha agrupación procedente do municipio portugués do mesmo nome, do distrito de Aveiro, e pechará a convocatoria deste ano o coro Mendibaiarte Abesbatza, de Euskadi. O vindeiro ano serán os anfitrións, a coral de Areosa, os encargados de desprazarse tanto ao País Vasco como a Portugal para actuar nos eventos que organicen nas súas respectivas cidades de orixe as agrupacións que este ano participan no II Encontro Internacional de Coros.
A concelleira de Cultura recordou que preto de medio cento de persoas forman parte da coral de Areosa, que iniciou a súa andaina musical no ano 1995. A edil naronesa destacou o labor que a agrupación realiza na cidade e noutros municipios e convidou á cidadanía a asistir ao evento deste sábado para poder escoitalos xunto coas dúas corais convidadas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal