Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CUNHA DOCENA DE ENTIDADES POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 49.000 EUROS
 A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CUNHA DOCENA DE ENTIDADES POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 49.000 EUROS
Marián Ferreiro estivo acompañada no acto polas edís responsables das áreas municipais de Formación, Natalia Hermida; Ensino, Mercedes Taibo; Participación Cidadá, Catalina García, e Promoción Social, Teresa Sabio
Narón, 28 de setembro de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro asinou esta mañá convenios con entidades que traballan nas áreas de Promoción Social, Saúde, Ensino e Participación Cidadá por un importe conxunto de 49.000 euros. Ferreiro estivo acompañada no acto polas edís de Formación, Natalia Hermida; Ensino, Mercedes Taibo; Participación Cidadá, Catalina García, e Promoción Social, Teresa Sabio, ademais de representantes das entidades coas que se asinaron os acordos, que en dous casos non supoñen contías económicas senón a cesión de uso temporal de instalacións municipais.
Os directores dos institutos das Telleiras, María Esther Pereiro, e de Canido, Manuel Pardo, poderán utilizar en base ao convenio rubricado, as instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, para desenvolver actividades relacionadas co taller de Carpintería e moble, no caso do IES As Telleiras, e para o taller de Restauración e bar, no do IES Canido.
En canto aos convenios con achegas económicas, asináronse os correspondentes á Asociación Ferrolana de Drogodependencia, que preside Rosario Alabau; da Fundación Ingada, con María Elvira Ferrer como vicepresidenta; Asociación Síndrome de Down Teima, presidida por Patricia Serantes; a Fundación Santo Hospital de Caridade, cuxo presidente e Irmán maior é Alberto Manuel Lens; a Asociación Sociocultural ASCM, presidida por Paula Gárate; a Asociación Párkinson Ferrol, con Vanesa López como presidenta; a Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea, presidida por Cristina Piñeiro; a Asociación de Loita contra os malos tratos, presidida por Paula Calvo; a Asociación Bbtta, con Susana Piñeiro como presidenta, e a Asociación de Pais e Nais de Nenos con Minusvalía, presidida por Montserrat Fraga.
Ferreiro destacou o labor que, nas súas respectivas áreas, realizan as entidades, “e que redunda nun importante beneficio para as veciñas e veciños de Narón, e nalgúns casos tamén doutros concellos, que poden acceder a programas, accións formativas e actividades específicas para determinados colectivos”. Pola súa banda os representantes das entidades agradeceron a colaboración do goberno local pola súa colaboración a través destes acordos.
A alcaldesa e as edís da corporación local agradeceron aos representantes das asociacións o traballo que realizan a diario e comprometeron o respaldo do Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal