Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA DA CORUÑA REALIZARÁ TRABALLOS SOBRE MOBILIDADE EN NARÓN
ALUMNADO DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA DA CORUÑA REALIZARÁ TRABALLOS SOBRE MOBILIDADE EN NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o conelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, valoraron o feito de que os universitarios analicen o estado actual da cidade e plantexen proxectos relacionados coa mobilidade urbana e interurbana
Narón, 28 de setembro de 2018. Alumnado da materia de Proxectos 4 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e docentes da citada Facultade desprazáronse esta semana a Narón para coñecer de primeira man os emprazamentos dos traballos que realizarán no primeiro cuadrimestre deste curso 2018-2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, recibiron ao colectivo, ao que animaron a aportar a súa visión e ideas sobre o estado actual da cidade, así como a deseñar algúns proxectos de futuro vencellados á mobilidade para analizar a súa viabilidade de cara á súa posible materialización.
O curso, tal e como indicaron os profesores universitarios, está estruturado na mobilidade ferroviaria, polo que o alumnado desprazouse desde A Coruña ata Narón no tren de FEVE e recolleu datos en varios apeadoiros da liña. En total, indicaron, serán máis de cen alumnas e alumnos do Obradoiro do quinto cuadrimestre os que se encargarán de realizar unha serie de traballos cos que se aposta por reflexionar sobre a mobilidade urbana e interurbana e tamén se incide no seu potencial para conectar e rexenerar os tecidos urbáns da súa comarca, tal e como explicaron os docentes universitarios.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicoulles aos estudantes universitarios parte do traballo que se está a desenvolver en Narón en materia de mobilidade e accesibilidade e agradeceulles de antemán o feito de que nos vindeiros meses vaian a realizar traballos que poderán redundar en melloras para a cidade. Así mesmo, Ferreiro indicoulles que teñen á súa disposición a información que precisen para levar a cabo esta tarefa, na que colaborará persoal técnico da administración local.
“Todas as aportacións que nos realicen para contribuír á mellora da nosa cidade serán sempre benvidas, e valoramos tamén nesta ocasión o feito de que sexan precisamente alumnas e alumnos de Arquitectura e docentes universitarios os que vaian aportar a súa propia visión de numerosos aspectos deste concello”, subliñou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal