Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON NOVE CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE POR IMPORTE DE 35.900 EUROS
Os colexios públicos e concertados da cidade realizarán actividades medioambientais en Aldea Nova e no muíño de Pedroso en virtude a este acordo
Narón, 2 de outubro de 2018. O Concello de Narón destina unha partida de 35.900 euros a convenios con nove centros educativos da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá os acordos nun acto no que estivo acompañada pola edil de Ensino, Mercedes Taibo, e polos representantes dos centros educativos: CPR Jorge Juan, Santiago Apóstol e Ayala, CPI O Feal, os CEIP A Solaina, Piñeiros, Virxe do Mar e Ponte de Xuvia e o CRA de Narón. O importe total dos convenios ascende a 35.900 euros, tal e como recordou a alcaldesa. A finalidade destes acordos é dar a coñecer as instalacións do Parque Temático de Aldea Nova, en Sedes, e da área recreativa e o muíño de Pedroso, co fin de que o alumnado dos centros escolares públicos e concertados realice nas mesmas algún tipo de actividade durante o curso académico. Esas actividades, un mínimo dunha por centro, sufráganse con cargo a este convenio, se ben os propios centros poden programar máis ao longo do curso. Os representantes dos centros agradeceron a colaboración do goberno local para poder levar a cabo estas actividades. “Os alumnos e alumnas dos colexios de Narón poderán realizar actividades educativas no parque temático de Aldea Nova e na área medioambiental de Pedroso, unha oportunidade para desenvolver fóra das aulas un importante traballo, poñendo en práctica coñecementos adquiridos no centro ou obtendo outros que sen dúbida lles serán de especial interese”, subliñou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal